Saltar navegación.
Inicio

Blogues

Navega con rumbo

O alumnado de 1º da ESO e 1º FP Básica participaron hai uns días no obradoiro Navega con rumbo, un programa ofrecido pola Consellería de Educación que ten como obxectivo favorecer un uso responsable e seguro de internet e as redes sociais. 

Na sesión, impartida de forma dinámica e interactiva, o alumnado intercambiou impresións co persoal do Colexio Profesional en Enxeñaría Informática de Galicia sobre a internet e as distintas aplicacións que se empregan frecuentemente (buscadores, redes sociais, correo electrónico....). Non cabe dúbida que teñen vantaxes, tal como se tratou, pero tamén cómpre ser precavidos cos riscos que levan asociados e ter moi en conta as pautas para un uso seguro aportadas pola técnica.

 

 

Navega con rumbo

O alumnado de 1º da ESO e 1º FP Básica participou hai uns días no obradoiro Navega con rumbo, un programa ofrecido pola Consellería de Educación para favorecer un uso responsable e seguro de internet e as redes sociais. 

Na sesión, impartida de xeito dinámico e interactivo, o alumnado intercambiou impresións con persoal do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia sobre a internet e as distintas aplicacións que se empregan frecuentemente (Google, correo electrónico, distintas redes sociais....). Tamén se falou das vantaxes asociadas ao seu uso, ao mesmo tempo que se abordaron os riscos dunha utilización inadecuada ou imprudente. Así, Internet ofrece un sinfín de posibilidades, sempre que se empregue ben, pero tamén é pertinente considerar os riscos que pode levar aparellados e ter en conta as pautas aportadas pola técnica para navegar de forma segura e minimizar os riscos. 

Calendario de probas finais para ciclos medios

Nesta entrada pódense consultar, no documento adxunto, as datas e horas fixados para as probas finais nos ciclos medios de SOLCA e APSD.

Visita do alumnado de 6º de Primaria

Hoxe foi un día moi especial, pois recibimos a visita do alumnado de 6º de Primaria do CEIP Nosa Sra. da Piedade e CEIP de Piloño, que para o próximo curso realizarán 1º da ESO no noso instituto. 

Na acollida participou o alumnado voluntario da biblioteca, que recibiron aos seus futurxs compañeirxs, percorreron con elxs as instalacións e realizaron un xogo de descuberta fotográfica en equipos co que puideron coñecer todos os recunchos do instituto. O alumnado voluntario tamén intercambiou experiencias co alumnado visitante e contáronlle unha morea de cousas sobre o instituto (como se organiza a biblioteca, actividades que se levan a cabo no centro, os recreos culturais, que se fai nas titorías, importancia de cumprir as normas...). Logo, tras coñecer algunhas cuestións sobre a nova etapa, desfrutamos todxs xuntxs dunha merenda na cafetería e tamén houbo tempo para o esparcemento. Sen dúbida, foi unha estupenda xornada de convivencia coa que esperamos facilitar o tránsito á secundaria do futuro alumnado. 

Por suposto, temos que agradecer ao alumnado voluntario da biblicoteca (Shaila, África, Emily, Dayna, Aldara, Candela e Maxi), que fixeron un gran traballo colaborando coa biblioteca e o departamento de orientación no desenvolvemento da actividade. Foron uns grans anfitrións e lograron que o futuro alumnado se sentira moi cómodo e integrado!

 

 

Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais

Desta volta participamos do programa Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais, convocado pola Consellería de Educación. Estivo dirixido ao alumnado de 3º ESO, coa finalizade de formalo no uso seguro, responsable e proveitoso das Tecnoloxías da Información e Comunicación. 

A sesión foi impartida por unha técnica de Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), que incidiu en cuestións como a importancia da pegada dixital, seguridade e privacidade nas redes sociais. Así, o alumnado aprendeu sobre a relevancia de facer unha configuración adecuada dos nosos perfís en redes e coñecer as políticas de privacidade das mesmas, a fin de ser conscientes das implicacións que pode ter ser usuario dalgunhas comunidades dixitais. 

Coma sempre, cómpre ter toda a información posible e usar as redes con sentido!

Habilidades sociais e resolución de conflitos

Seguimos a traballar na resolución de conflitos cos grupos de 1º da ESO, nesta ocasión con un obradoiro impartido por Arelar Xestión Socioeducativa.

O alumnado puido aprender sobre o conflito e distintas formas de afrontalo, vencellando estas coas emocións que están subxacentes e que nos producen as distintas maneiras de afrontamento. 

Na resolución de conflitos é fundamental dispoñer de habilidades sociais e ferramentas que nos permitan encaralos con asertividade, respectando aos demais e a nós mesmxs. E que mellor que aprender de forma práctica! Así, representamos distintas situacións con exemplos e pequenas teatralizacións coas que puidemos analizar os distintos estilos de comunicación e reflexionar sobre as formas que empregamos para facerlle fronte aos conflitos. 

De seguro que adquirimos aprendizaxes útiles para mellorar o noso benestar emocional e a convivencia!

 

 

 

 

Encontros virtuais da USC

Queres coñecer a USC? Do 16 ao 21 de xuño podes asistir aos encontros virtuais que organiza a USC, onde terás moita información e poderás preguntar o que queiras sobre esta universidade. 

Os próximos días actualizarán os horarios para as videoconferencias.

Se estás interesadx en asistir, só tes que premer nesta ligazón.

 

 

Que estudar na USC?

Como todos os anos, participamos no programa A ponte entre o ensino medio e a USC, e dende esta universidade achégannos información sobre os graos que se poden estudar nos seus campus de Santiago e Lugo, clasificados segundo as distintas ramas de coñecemento. 

Podes acceder ao díptico e tríptico que nos envían dende a USC, nos que podes consultar os distintos estudos de grao que podes realizar nesta universidade. 

E ti...que queres ser? 

 

 

 

 

17M Día internacional contra a homofobia, transfobia e bifobia

Non cabe dúbida que o 17 de maio é un día importante para Galicia, pois conmemórase o Día das Letras Galegas, que este ano se dedica a Francisco Fernández del Riego, escritor e impulsor do idioma e a cultura galega durante o século XX. 

Alén do anterior, esta data tamén está marcada no calendario pola celebración do Día contra a homofobia, transfobia e bifobia. Foi o 17 de maio de 1990 cando a Asamblea Xeral da Organización Mundial da Saúde eliminou a homosexualidade da lista de enfermidades mentais, sen dúbida, un gran avance social e de apoio aos dereitos da comunidade lgtbi+.

O noso centro caracterízase, entre moitas outras cousas, por ser un centro impulsor da promoción do respecto e valores en todos os  ámbitos, entre eles o da diversidade afectivo-sexual, educando a prol da normalización e inclusión. En distintas materias e nas titorías promóvese a transversalidade e trabállase nestas cuestións, destacando o traballo realizado no relativo á afectividade e sexualidade na materia optativa de Educación afectivo-sexual (2º ESO) ou no proxecto competencial centrado na igualdade de xénero (3º ESO), que da man da súa profesora Verónica, axudan a sementar a tolerancia e non discriminación a través da información e o coñecemento. 

Sabedores da importancia da visibilización e respecto á diversidade, no centro facémonos eco desta data! Recordade sempre que a diversidade enriquece e o respecto une!

Estilos de comunicación e mediación

Hoxe tocou traballar os estilos de comunicación (agresivo, pasivo e asertivo) mediante a dinámica dos xinetes e cabalos.

O alumnado aprende neste caso sobre habilidades sociais, tan importantes na mediación, a través do xogo. Trátase de que sexan consciente da importancia de expresarse de forma adecuada, mantendo o respecto cara si mesmxs e cara os demais. 

Ao remate da sesión, reflexionamos sobre o aprendido e aproveitamos para vincular a sesión con dúas datas clave que se conmemoran no mes de maio: o día contra o acoso escolar (2 de maio) e o día contra a lgtbifobia (17 de maio). Así, como tratamos aos demais importa, e debemos ser consciente do trato que conferimos e a posición que adoptamos fronte ao acoso, que en moitas ocasións se pode ver motivado por cuestións como a identidade e orientación sexual. Interelacionar estes temas coas habilidades sociais e con casos reais acontecidos na crónica social no curso actual serviunos de base para a aprendizaxe e adquisión de valores. 

 

 

 

 

Distribuir contido