Saltar navegación.
Inicio

Blogues

Practicando a mediación

Seguimos a traballar na mediación nos grupos de 1º ESO, aprendendo a mediar a través de casos prácticos.

O alumnado representa un conflito que puidera ser real, tratando de resolvelo e chegar a un acordo simulando o proceso de mediación. Así, adquiren habilidades na solución de conflitos e aprenden as fases do proceso de mediación de forma divertida. 

 

 

 

 

Ciberasesor@s: creando!

Logo dunha primeira fase de motivación na que se presentou o programa Ciberasesor@s ao alumnado de 2º ESO e se traballaron na aula os distintos riscos asociados a internet e as redes sociais, atopámonos en fase de traballo dos distintos equipos. 

O alumnado recibiu formación específica por parte dos seus titorxs e/ou orientadora, ao longo de varias titorías nas que se falou de privacidade na rede, ciberadicción, ciberacoso, sexting, grooming....Aprenderon mediante sesións guiadas e pensadas para favorecer a reflexión, intercambiando ideas e debates xurdidos ao longo de distintas actividades nas que se empregaron vídeos, xogos, fichas, artigos de actualidade....

Tras a aprendizaxe e a creación de equipos de Ciberasesor@s, cada un deles está a traballar sobre un risco asociado ás novas tecnoloxías e elaborando os seus traballos para despois asesorar a outrxs compañeirxs. 

Como vedes, pásano moi ben traballando xuntxs!

 

Emocións e relaxación

Dedicamos algunhas sesións á educación emocional, impartidas por Begoña, unha antiga docente do centro, e das que puideron disfrutar o alumnado de 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, 1º FPB e 1º APSD. 

Nun mundo no que todo vai rápido e as responsabilidades e o estrés parecen ser o eixo dominante, é complexo tomar conciencia dun mesmx ou de como nos sentimos. Dedicarse tempo a un mesmx parece quedar relegado a un segundo plano, a pesar de ser moi necesario. Así, debemos coidar de nós para ser quen de estar ben e dar o mellor de nós mesmxs aos demais. Xa que logo, traballamos neste obradoiro as emocións, tomando conciencia de como nos sentimos para despois poñer en práctica a relaxación muscular progresiva.  

Deste xeito, aprendemos técnicas útiles para a vida diaria e que de seguro nos farán sentir moito mellor! Velaquí podedes ver o vídeo da actividade. 

O alumndo quedou moi satisfeito e relaxado! 

 

 

Adiccións: mitos e peligros

O pasado xoves visitounos Silvia, traballadora de Proxecto Home, que desenvolveu un obradoiro con alumnado de 1º Formación Profesional Básica e 4º da ESO. 

O alumnado tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o traballo da entidade, que se encarga do tratamento, rehabilitación e reinserción sociolaboral de persoas con problemas de adicción.

Os menores recibiron ademais formación sobre as adiccións, tanto con substancia como sen ela, descubrindo os principais mitos e peligros das mesmas. Todo elo coa finalidade favorecer a prevención, fomentando a responsabilidade na toma de decisións e promovendo un ocio saudable. 

 

 

 

 

Prevención de adiccións con substancia

O alumnado de 2º da ESO estivo a falar con Begoña sobre o tabaco, alcohol e outras drogas, nunha xornada dedicada á prevención de adiccións con substancia. Nas sesións, analizaron os mecanismos que xeran dependencia así como os motivos polos que o consumo de drogas resulta prexudicial para a saúde. 

No caso de substancias como o alcohol ou o tabaco, o seu consumo está moi vinculado ao ocio e mesmo normalizado na nosa sociedade, ao tratarse de drogas legais e permitidas a partir da maioría de idade, o que facilita o acceso ás mesmas. Por isto, se cabe, é máis relevante tomar conciencia e dispor de información que permita aprender a dicir non. 

Prevención de adiccións con substancia

O alumnado de 2º ESO asistiu a unha sesión para concienciar da prevención de adiccións con substancia. Falaron con Begoña sobre o alcohol, tabaco e outras drogas, analizando os mecanismos que actúan na xeración da dependencia así como os motivos de que estas sexan perxudiciais para a saúde. 

Con todo, e pese a ser substancias nocivas, algunhas delas como o alcohol ou o tabaco están moi vinculadas ao ocio e integradas de forma normalizada na sociedade, o que sumado a que son legais e poden ser consumidas a partir da maioría de idade, facilita o acceso ás mesmas. Por isto, é fundamental coñecer os contras destas substancias, para que o alumnado decida de forma consciente e saiba dicir non. 

Autorresponsabilidade e saúde

Que é a autorresponsabilidade? Que consecuencias teñen as nosas decisións? Estas cuestións, entre outras, foron analizadas nunha sesión dedicada á "autorresponsabilidade e saúde" co alumnado de 1º do ciclo básico de Servizos Administrativos e 4º da ESO, onde puideron reflexionar sobre a importancia das súas eleccións, por exemplo,  fronte ao consumo de substancias perxudiciais para a saúde ou fronte á sexualidade.

Na xornada sensibilizouse ao alumnado sobre a relevancia de aprender a dicir non e ser capaces de afrontar de forma adecuada a presión do grupo, tomando conciencia da importancia das decisións propias e da responsabilidade de cadaquén nos seus actos e consecuencias.  

 

 

Practicando a mediación

O alumnado de 1º ESO leva algún tempo traballando sobre a mediación e a resolución pacífica de conflitos. Á vez que aprenden valores como o respecto, bo trato, empatía...., adquiren habilidades sociais útiles ao longo da vida e para o afrontamento dos conflitos de forma asertiva. Nos últimos días estiveron a poñer en práctica a mediación mediante simulacións.

Premios extraordinarios da ESO e o Bacharelato

Consulta neste apartado a información relativa aos premios extraordinarios da ESO e do Bacharelato, polos que se recoñece o mérito excepcional baseado no esforzo e traballo do alumnado que cursou con un excelente rendemento académico. 

En cada unha das convocatorias concédense ata 20 premios con unha contía de 1000 € cada un deles. O alumnado participante deberá realizar unha proba presencial, segundo as caracteristicas indicadas na correspondente convocatoria.

Convocatoria premios extraordinarios da ESO (ligazón)

  • Destinatarios: alumnado que titula en 4º ESO no curso 22/23, con nota media igual ou superior a 9 puntos. 
  • Prazo de presentación de solicitudes: do 31 de maio ao 30 de xuño de 2023. 
  • Data da proba: 6 de setembro de 2023.

Convocatoria premios extraordinarios do Bacharelato (ligazón)

  • Destinatarios: alumnado que finalice Bacharelato no curso actual, con nota media igual ou superior a 8,75 puntos
  • Prazo de presentación de solicitudes: do 26 de abril ao 25 de maio.
  • Data da proba: 14 de xuño de 2023.

O alumnado interesado en participar debe cumprir os requisitos fixados na convocatoria.

solicitude de participación presentarase preferiblemente de forma telemática a través do formulario normalizado (Anexo I) dispoñible na aplicación informática PremiosEdu (https://edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou directamente dende a aplicación PremiosEdu. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Actualización programacións didácticas da ESO - Curso 2022-23

Atendendo aos cambios no calendario escolar establecidos na Orde do 27 de decembro do 2022 (DOG 5/01/23), na que se indica que deben coincidir a terceira avaliación parcial coa final da ESO, apórtanse as programacións modificadas no ensino obrigatorio, indicando os mecanismos de recuperación establecidos das partes non superadas ao longo do curso.

Distribuir contido