Saltar navegación.
Inicio

Blogues

Semana da Administración Aberta 2022

O próximo 28 de xuño o Instituto Universitario de Medio Ambiente (IUMA) da Universidade da Coruña participa na Semana da Administración Aberta 2022 dirixida á comunidade educativa en xeral. 

Prazo de inscrición: ata o 23 de xuño. 

Podes consultar toda a información na ligazón. 

Prazos de admisión para Formación Profesional e cursos de especialización para 2022-2023

A Consellería de Educación publicou no día de onte os calendarios cos prazos de admisión para as ensinanzas de Formación Profesional (réxime ordinario e de adultos), para FP dual e para os cursos de especialización. 

Podes consultar as datas na ligazón

Sesión sobre violencia de xénero

Nesta semana, o alumnado dos ciclos formativos de Soldadura e Atención a persoas en situación de dependencia, participou nunha sesión sobre violencia de xénero impartida por un policía experto na materia. 

Coa súa intervención, o axente explicou ao alumnado cales son os signos de maltrato e os distintos tipos de violencia (visible e invisible, explícita e sútil), así como as posibilidades de intervención das autoridades en cada caso. Abordouse o concepto de violencia de xénero, distinto doutros como violencia doméstica, enmarcando o tema dende unha perspectiva legal, na que o alumnado puido coñecer tamén as consecuencias do maltrato para os agresores. Na sesión, de dúas horas de duración, tamén houbo tempo para comentar sobre o sexting e os seus riscos, así como as implicacións legais da difusión de material íntimo de terceiras persoas. 

O alumnado amosou moito interese na temática e participou activamente na sesión, conectando co axente e a súa labor.

Presentación ciclos formativos da familia agraria

Nesta semana recibimos a visita do IES de Arzúa, que presentaron ao alumnado de 4º da ESO e da Formación Profesional Básica os ciclos de formación profesional da familia agraria que se imparten no seu centro: 

Ciclo básico de agroxardinería e composicións florais 

Ciclo medio de Aproveitamento e conservación do medio natural

Ciclo medio de Producción agroecolóxica (modalidade dual)

Ciclo superior de Xestión forestal e do medio natural

O alumnado tivo a oportunidade de coñecer que se aprende a facer neses estudos e as saídas laborais dos mesmos nunha sesión moi amena.

Premios extraordinarios da ESO. Curso 2021-2022

A Consellería de Educación ven de publicar esta semana a Orde do 23 de maio de 2022, pola que se convocan os premios extraordinarios da ESO ao rendemento académico, correspondentes ao curso 2021/2022. A finalidade dos mesmos é recoñecer e valorar os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou a etapa cun excelente resultado académico en Galicia. 

Cineforum: Tomboy

Continuamos a sensibilizar sobre a diversidade afectivo-sexual. Desta volta visionamos en varias aulas a película Tomboy, que conta a historia de Laure, unha rapaza que se muda coa súa familia ás aforas de París e que viaxa non só a outro lugar, senón tamén cara o seu propio autodescubrimento. 

O alumnado de 4º da ESO puido desfrutar e comentar sobre a película en titorías, mentres que o alumnado de 2º da ESO fixo o propio na materia optativa de Diversidade afectivo-sexual, integrando a actividade no currículo escolar.

Sen dúbida, e como o profesorado puido constatar no debate posterior, o alumnado empatizou co protagonista, o que dá conta da importancia destas actividades e de seguir a educar no respecto e tolerancia á diversidade de calquera tipo. 

O filme recibíu moi boas críticas e é unha gran recomendación! Se tedes curiosidade e estades desexando vela, a peli está dispoñible na biblioteca do centro!

Becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo - Curso 2022/2023

Pódense solicitar as axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o próximo curso 2022-2023. 

Prazo de solicitude ata o 30 de setembro de 2022. 

Para máis información consulta a convocatoria no documento que se xunta ou preme na ligazón 

Camballón intercultural

No instituto, sabedores/as da importancia e o enriquecemento que supón contar con alumnado de distintas procedencias e culturas, démoslle visibilidade ás mesmas  nun traballo elaborado polo alumnado de Formación Profesional Básica, que indagaron sobre os lugares de orixe dos compañeiros/as do centro e os plasmaron nun mapamundi que pode ser visto de camiño á cafetería. 

 

 

 

Mediación: roleplaying

Continuamos coa posta en práctica da mediación! Nesta ocasión con un conflito xurdido a raíz dun videoxogo. 

Recordamos as fases da mediación, e despois de organizar o escenario, o alumnado levou a cabo a dramatización, contando coa axuda do grupo-clase para resolver o problema. 

 

 

 

 

 

Mediación: roleplaying

Continuamos a practicar a mediación! Nesta ocasión con un conflito xurdido a raíz dun videoxogo. 

Recordamos as fases da mediación, e logo de preparar o escenario, o alumnado levou a cabo a dramatización, contando coa axuda do grupo-clase para resolver o problema. 

 

 

 

 

 

Distribuir contido