Probas de acceso a ensinanzas profesionais deportivas para o curso 2022/23
Enviado por anabelenfernand... o Xov, 12/05/2022 - 11:48
Publicada a Resolución do 7 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2022/23.
Prazos de inscrición nas distintas probas:
- Proba substitutiva do título de ESO: do 22 de abril ao 29 de xuño de 2022.
- Proba específica de grao medio: do 22 de abril ao 29 de xuño de 2022.
- Proba substitutiva do título de Bacharelato: do 23 de abril ao 23 de maio de 2022.
Consulta as datas de realización das probas, lugar, horarios e máis información na ligazón.
·