O DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA ven de convocar o VI CONCURSO DE ENSAIO FILOSÓFICO. O tema deste ano é QUE É SER NORMAL?
Algunha vez te sentiches diferente? Pensache que non encaixabas no que os demáis agardaban de tí? Ou son os demáis os raros? ¿Quen marca o criterio? Que teñen que ver a nosa educación, os nosos desexos, a cultura dominante? O normal varía co tempo? Hai que esforzarse máis por ser normal ou por non selo? Que é máis cómodo, ou máis molesto? Que é mellor? Que ten que ver ser normais con ser libres, ou responsables?
Se te preocupan cousas como estas, ou se pensaches algunha vez cousas parecidas a estas, este é o teu concurso! QUE É SER NORMAL?
BASES DO CONCURSO DE ENSAIO
1. Dirixido a alumnado de Bacharelato do IES Lucus Augusti.
2. Os escritos poden estar en lingua galega ou castelá.
3. A extensión será entre 4.000 e 8.000 caracteres, espazos incluídos.
4.O escrito asinarase con pseudónimo. Entregarase un exemplar na conserxería do instituto en sobre pechado, no que figure pseudónimo e título. Dentro do sobre incluirase outro máis pequeno, co nome e apelidos do/da participante, curso e grupo.
5. O prazo de presentación será ata o día 22 de abril de 2025.
6. O xurado estará formado polo profesorado do Departamento de Filosofía.
7. O xurado valorará especialmente a orixinalidade do enfoque e capacidade crítica, ademáis da corrección formal do escrito.
8. Os premios consistirán no seguinte:
1º premio: obsequio, diploma e cheque por valor de 100€
2º premio: obsequio, diploma e cheque por valor de 50€
3º premio: obsequio, diploma e cheque por valor de 30€