Skip to Content

Participación nas XVII Xornadas Nacionais de Institutos Históricos

O IES Lucus Augusti participou nas " XVII Jornadas Nacionales de Institutos Históricos" celebradas no IES Ramón y Cajal de Huesca do 29 de xuño ó 2 de xullo. A profesora do noso centro, Inés García Seijo, presentou unha comunicación titulada: " La tabla periódica centenaria del IES Lucus Augusti estudio para su datación".

    Imaxes

Xornadas

Ponencia

Listas provisionais de axudas para adquisición de material escolar

No taboleiro de anuncios do IES Lucus Augusti están as listas provisionais de axudas para adquisición de material escolar, tamén se poden consultar na sede electrónica , hai dous días para presentar reclamación.

Publicación de notas e reclamación para os cursos de ESO e 1º BAC

A dirección do IES lucus Augusti informa que a publicación de notas para os curso de ESO e BAC faise na aplicación Abalar o día 26 de xuño, as reclamacións ás cualificacións pódense facer dous días despois da súa publicación, 27 e 28 de xuño, en horario de mañá.

 

 

Matrícula no IES Lucus Augusti para o curso 2024/25

A matrícula no curso 2024/25 para o alumnado do IES Lucus Augusti e para o que está admitido neste centro, vai ser do 23 de xuño ó 8 de xullo e faise cubrindo o formulario por curso na ligazón que aparece nesta nova. Aquel alumnado que sexa admitido no IES Lucus Augusti despois do 8 de xullo terá un novo prazo que será publicado nesta páxina.

Formularios

Presentación do libro: Mea Culpa

Este xoves 13 de xuño, ás 20:00h , no salón de actos do IES Lucus Augusti vai ser a presentación do libro de Toño Núñez, "Mea Culpa", acompañado polo  poeta e autor Xulio Valcárcel  máis o crítico literario Armando Requeixo.

Cartaz

 

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2023-2024

Hoxe, 7 de xuño, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2023-2024 (código de procedemento ED311D) cuxa orde de convocatoria foi publicada no DOG o pasado 6 de xuño.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e rematará o 8 de xullo.

Pode acceder a máis información desta convocatoria na aplicación PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu), no portal educativo (https://www.edu.xunta.gal) e na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

Características máis relevantes desta convocatoria e con consellos prácticos sobre o proceso de solicitudes:

a) A forma máis aconsellable de cubrir as solicitudes é mediante o emprego da aplicación PremiosEdu, deseñada para facilitar este procedemento. Unha vez cuberta, a aplicación permite tanto a presentación da solicitude na sede electrónica a través dun enlace directo, como a presentación presencial (por exemplo, nun rexistro) imprimindo o Anexo I cos datos introducidos. 

b) Posto que na meirande parte dos casos o alumnado é menor de idade non emancipado, nas solicitudes debe constar como representante un dos seus pais, nais ou titores/as legais, que ademais asinará as solicitudes.

(https://www.edu.xunta.gal/centros/ieslucusaugusti/system/files/premios_r...)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut