Skip to Content

Prematrícula para o curso 2023-2024 no IES Lucus Augusti

O alumnado de ESO e BAC do IES Lucus Augusti que estivo matriculado no presente curso 2022/23 no centro ten que facer a prematrícula para o próximo curso 2023/24 cubrindo o correspondente formulario. O prazo para realizar a prematrícula é do 17 ó 31 de maio. 

Formularios

Premio na final do concurso Xosé Castiñeira

Despois de celebrarse a final do concurso de interpretación Xosé Castiñeira, o alumno do IES Lucus Augusti Álex Barcala Castro acadou o 2º premio na modalidade de piano.

XXXIV Olimpíada Española de Física

O alumno do IES Lucus Augusti, Aman Santana Da Silva, acadou unha mención na XXXIV Olimpíada Española de Física que se celebrou este sábado 29 de abril en Lugo. O evento contou coa participación dun centenar de estudantes de 2º de BAC de toda España.

Ler máis

IV PREMIO DE ENSAIO FILOSÓFICO

En sesión celebrada no IES LUCUS AUGUSTI o 25/04/2023 reunido o xurado do IV Premio de Ensaio Filosófico composto por profesorado dos Departamentos de Filosofía e Educación Plástica, e a escritora e redactora da revista colaboradora “Hechos Mínimos”; despois de avaliar os traballos presentados, o xurado decide fallar os seguintes PREMIOS:

 MODALIDADE ENSAIO:

PRIMEIRO PREMIO para PABLO PEDREIRA LÓPEZ, de 1º BACH C.

SEGUNDO PREMIO para CLOE CANTO SYLLÁ, de 2º BACH E.

TERCEIRO PREMIO para PAULA PIÑEIRO LAGE, de 2º BACH E.

MODALIDADE VIÑETA:

PRIMEIRO PREMIO para MARTA RIVERA LÓPEZ, de 2º BACH B (viñeta nº 1)

Ademais dos traballos premiados, menciónanse tamén nas consideracións finais os traballos presentados por ANTÓN RODRÍGUEZ VÁZQUEZ de 2º BACH E e IAGO RAMOS SALGADO de 1º BACH E.

O ENSAIO de PABLO PEDREIRA LÓPEZ destacado co Primeiro Premio contén unha reflexión madura e ben articulada sobre o tema proposto da “paz despois da guerra”, cun texto de ideas precisas e sensibilidade na expresión, con capacidade para suxerir e continuar pensando a partir del, mérito que consideramos especialmente destacable.

A VIÑETA premiada de MARTA RIVERA LÓPEZ reflicte en breves trazos as ambigüidades e paradoxos do tema, facendo que unha cuestión complexa poida ser transmitida con medios sutís, deixando abertas posibles lecturas da imaxe.

Non queremos deixar de destacar os ensaios premiados de CLOE CANTO SYLLÁ (un texto de gran riqueza no manexo de referencias culturais) e PAULA PIÑEIRO LAGE (con texto cheo de matices na expresión das ideas). E con elas, os textos de ANTÓN RODRÍGUEZ VÁZQUEZ e IAGO RAMOS SALGADO, con cualidades que os fan ser meritorios concursantes deste premio. Noraboa a todas elas e eles.

A entrega dos premios terá lugar o día 5 de maio de 2023, ás 11:15 na Sala de Xuntas do IES Lucus Augusti.

Fallo

Listaxes provisionais de admitidos para o curso 2023/24

Publicáronse as listaxes provisionais de admitidos no IES Lucus Augusti para o curso 2023/24. Pódense consultar no taboleiro do centro e tamén na aplicación de admisión alumnado co certificado dixital ou chave 365.

Nós tamén temos historia, volume II

Este xoves 20 de abril vaise presentar o libro Nós tamén temos historia volume II, escrito polo profesor de Xeografía e Historia Gaspar Méndez Fuentes e o seu alumnado de 2º e 3º ESO do curso 2021/22. O evento será no salón de actos do IES Lucus Augusti ás 19:00 horas. 

Cartaz

Distribuir contido


by Dr. Radut