Skip to Content

2º Premio no X Concurso "Lucus intercentros"

O alumnado do IES Lucus Augusti Iria Castro, Marta Castañal e Pablo Pedreira, acadou o 2º premio no X concurso "Lucus intercentros", celebrado e organizado polo IES Muralla Romana o 20 de xaneiro.

Imaxe

Publicación das notas da 1ª avaliación

As notas correspondentes á 1ª avaliación publícanse pola aplicación Abalar o día 22 de decembro, para todos os grupos e niveis, tal e como se leva facendo nos últimos anos. Bo nadal, a toda a comunidade do Lucus.

Presentación do libro "Volver a Stalingrado"

O próximo xoves 15 de decembro, ás 19:00 horas no salón de actos do IES Lucus Augusti, vai ser a presentación do libro de Xosé M. Núñez Seixas "Volver a Stalingrado". Esta actividade está organizada polo departamento de Xeografía e Historia. 

Cartaz

180 anos do IES Lucus Augusti

 

Co motivo do 180 aniversario do IES Lucus Augusti, o Catedrático de Xeografía e Historia Don Antonio Prado vai impartir a conferencia Por que foi Lugo a sede do instituto”, este mércores 30 de novembro de 2022 ás 10:25 h no salón de actos do centro.

Asemade, inauguraremos a nosa exposición “180 anos da nosa historia: 1842-2022, ubicada na entrada do instituto.

A conferencia vaise poder seguir en directo na ligazón que se achega.

 conferencia

 

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico, curso 2021/22

As alumnas do IES Lucus Augusti Iria Castro Díaz e Julia Méndez Núñez acadaron os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correpondentes ao curso 2021/22, convocados pola ORDE do 23 de maio de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico. 

Ligazón

Constitución da Xunta Electoral para as eleccións ó Consello Escolar

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 20/09), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

- O Director ou directora do Centro.
- Un profesor ou profesora.
- Un pai ou nai ou titor legal.
- Un alumno ou alumna.
- Un representante do persoal de administración e servizos

 Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo 2 de novembro de 2022, ás 12:00 horas na sala de xuntas.

 Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro e se pode acceder dende a ligazón eleccións.

 

Eleccións

Distribuir contido


by Dr. Radut