Skip to Content

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022-2023

O pasado venres, 14 de abril, publicouse no DOG a Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311D).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 25 de xuño de 2023.

Pode acceder a máis información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

Información

 

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023

Na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/axudasle/ pódense consultar as primeiras listaxes publicadas en relación á Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022-2023

Onte, 3 de abril, publicouse no DOG a Orde do 20 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311A).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 26 de abril de 2023 e rematará o día 25 de maio de 2023.

Pode acceder a máis información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A.

Charla de Bioética

O pasado 22 de marzo, alumnado de Psicoloxía, Ética e Filosofía do Dereito e de STEMbach asistiu á charla do médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria e experto en Bioética Jonatan Carrera, sobre ORIXE E CONCEPTOS PRINCIPAIS DE BIOÉTICA. 
 
A charla suscitou un grande interese entre o alumnado, que planteou cuestións moi concretas (o tratamento médico das depresións, a enfermidade, o final da vida...), despois de ter interpelado o alumnado como símbolo de toda a sociedade sobre o necesario de discutir os criterios cos que deben traballar os científicos. O respecto da autonomía individual, a beneficencia ou a xustiza son principios que achega a bioética precisamente en resposta a casos diversos de experimentación científica como os que foron expostos, casos que hoxe consideramos aberrantes pero que non deixan de mostrar os perigos dunha ciencia sen conciencia social.

Clasificación para a Olimpíada Nacional de Física

O alumno do IES Lucus Augusti, Aman Santana Da Silva, clasificouse para a Olimpíada Nacional de Física que se celebrará en Lugo o próximo 28 de abril.

Exposición máscaras do entroido

Esta semana nas vitrinas do Lucus e entrada do centro están colocadas máscaras de entroido, propiedade de Xosé Manuel Seixas. A exposición tamén inclúe unha mostra de libros sobre este tema.

fotos

Distribuir contido


by Dr. Radut