Neste mes de xaneiro de 2024, acompañados por profesores de Economía e Filosofía, sendos grupos de alumnado de Formación e Orientación Persoal e Profesional de 4º ESO asistiron aos Xulgados de Lugo, dentro do programa Educar en Xustiza, para asistir a diversos xuizos penais. Casos de furtos, roubos, lesións leves, agresións, danos, denuncias falsas entre outros foron presenciados para achegar o alumnado ao funcionamento dun tribunal de xustiza: as actuacións de xuices/as, fiscáis e abogados/as defensores, a existencia ou non de acusación particular, as declaracións de testemuñas e peritos, a conexión en remoto con outros xulgados ou prisións..., todo iso forma parte dunha experiencia de gran interés, que se completa con explicacións didácticas e respostas ás preguntas do alumnado.
Imaxes