Skip to Content

Prematrícula para o curso 2024-2025 no IES Lucus Augusti

O alumnado de ESO e BAC do IES Lucus Augusti que estivo matriculado no presente curso 2023/24 no centro ten que facer a prematrícula para o próximo curso 2024/25 cubrindo o correspondente formulario. O prazo para realizar a prematrícula é do 22 de maio ó 5 de xuño. 

Formularios

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir material

No D.O.G. do 20 de maio de 2024 publicouse a Orde do 7 de maio que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convoncan axudas para adquirir material para o curso 2024 /25. Como aspectos máis destacables desta orde pódense sinalar:

· E-DIXGAL: O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto de educación dixital será excluido da participación no Fondo solidario de libros. No LUCUS AUGUSTI haberá EDIXIGAL en toda a ESO polo que o alumnado non terá a axuda de Fondo libros.

· AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: Pode solicitar ditas axudas (importe 75€ ou 60€, segundo o caso):

a) O alumnado da ESO tutelado pola Xunta.

b) O alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65%.

c) O alumnado pertencente a familias cunha renda per cápita que igual ou inferior a 10.000€.

 

· Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65% e alumnado neae. No caso de que, a xuízo do centro docente, o alumnado con necesidades específicas de apoio non poida utilizar os libros de texto ou o material dixital do curso no que estea matriculado.

· PRAZO DE SOLICITUDES: 21 de maio ao día 21 de xuño de 2024 (este incluido).

I Liga de Oratoria Intercentros de Lugo

Entre os días 10 e 12 de maio tivo lugar en Lugo esta primeira edición dun torneo de debate que leva por lema "Aprendendo a entendernos" e que pretende consolidarse na cidade. A modalidade escollida tamén foi novidosa, pois trataba de ser unha combinación entre o clásico debate académico e o debate British Parliament.

Lucus Augusti participou con un equipo formado por cinco alumnas de 3º de ESO: María Vázquez SomozaÉrika de Alfonso MartínezXoana Díaz CarracedoKira Barrera Mora e Carmen Quiroga Poggio.

O noso centro alcanzou os cuartos de final, quedando entre os catro primeiros, sendo entre eles o único centro público seleccionado. Ademais, Érika de Alfonso Martínez conseguiu o trofeo á mellor oradora do certame, superando os 9 puntos sobre un total de 10.

Parabéns para todas as integrantes do equipo e resto de compañeiras e compañeiros das clases de Oratoria, que colaboraron activamente.

Imaxe

El progreso

II Concurso de interpretación Xosé Castiñeira

II Concurso de interpretación Xose Castiñeira organizado polo Conservatorio Xoán Montes de Lugo ten como gañador ó alumno do IES lucus Augusti , Iago López Núñez (frauta) e como segundo premio o tamén alumno do centro, Álex Barcala Castro (piano).

 

 

Dous alumnos do IES LUCUS AUGUSTI resultan gañadores do proxecto de divulgación científica Incrúst@te

 

Incrúst@te é un proxecto de divulgación científica realizado pola CICA (Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía) dende o ano 2017 en colaboración coa Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT)-Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

 

Este 2024 seleccionáronse a 17 alumnos/as dos cales, 4 foron alumnas/os de ciclos de FP de químicado IES LUCUS AUGUSTI: Yolanda Rey Ares, Óscar Presno Iglesias, Noelia Armesto Mera e Sofía Díaz Otero. Estas/os alumnas/os estiveron “incrustadas/os” nos laboratorios do CICA aprendendo cos investigadores/as da UDC a profesión de científico/a. Como resultado, e grazas á colaboración da profesora Marta Rodríguez Quiroga, os alumnos presentaron as experiencias vividas nun Congreso Científico celebrado o pasado 27 de abril no Museo DOMUS da Coruña. Ademais de poder vivir a experiencia, Yolanda Rey Ares e Óscar Presno foron seleccionados polo tribunal para desfrutar dunha nova estancia de dúas semanas no CICA.

Imaxes

 

 

Premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024

Hoxe, 29 de abril, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024.

Pódese acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben  en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

 

Distribuir contido


by Dr. Radut