Neste cadro recollemos información acerca dos medios de traballo que emprega cada profesor do centro na súa materia nos diferentes grupos.
Estimadas familias.
Dirixímonos novamente a vostedes para informar que, co obxectivo de recompilar información das familias do IES Lagoa de Antela neste período de teleformación, necesitamos saber os recursos dispoñibles no fogar. Polo que pregámoslle que cubran o seguinte formulario que atoparan no seguinte enlace:
https://docs.google.com/forms/d/1ybzD7vOlKVHmUySYkM-m3Ggae2iyfyP4PbaHyt5zpJE/edit?usp=drivesdk
Se teñen problema dende o enlace de Abalar, tamén estará dispoñible na Páxina Web do noso centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/ieslagoaantela/
Esta información é confidencial e non serán publicados datos de carácter persoal. Cubrirase unicamente un formulario por familia.
Faise necesario recabar estes datos para poder tomar decisións de cara a mellorar a eficiencia da teleformación neste 3º terceiro trimestre, quedando á espera das instruccións que recibamos do Ministerio ou Consellería de Educación.
Coma sempre agradecemos a vosa participación e comprensión.
Un afectuoso saúdo.
As notas da segunda avaliación poden ser consultadas na plataforma ABALAR MÓBIL.
Está a disposición do alumnado a Aula Virtual do centro. Para entrar nela non é preciso dispor de ningún nome de usuario nin contrasinal, senón que se pode acceder como convidado
https://www.edu.xunta.gal/centros/ieslagoaantela/aulavirtual/