Bo día,
informamos á comunidade educativa da existencia de 6 novos positivos no centro. Realmente foron 3 positivos procedentes das vacacións de Nadal máis outros 3 da semana pasada, pero que aínda agora transmitiron os contactos estreitos dende a Consellería.
Pese ao rechamante da cifra, os positivos producíronse por contactos externos ao centro non identificando transmisión de ningún caso dentro do mesmo (ou sexa, ningún positivo provocou outros positivos nos compañeiros/as) polo que non é necesario tomar ningunha outra medida sanitaria, de momento.
De tódolos xeitos, pregramos responsabilidade das familias e dos alumnos/as, estremar as medidas de protección e non relaxarse nas mesmas cando fagan vida social, dentro ou fóra do instituto.
Calquera dúbida ou cuestión, poden contactar co centro nas formas habituais.
Saúde e sorte
Equipo Covid IES Lagoa Antela
Comunícase a confirmación de outro novo caso (o 7º) da Covid-19 no IES LAGOA DE ANTELA o que supón a aparición do 1º BROTE referido a unha aula do noso centro, ao que acode o seu fillo ou a súa filla.
Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas, é necesario adoptar medidas de prevención que se comunican na carta que se axunta, así como o horario de docencia online.
Comunicase a confirmación de un terceirto caso da Covid-19 no IES LAGOA DE ANTELA.
No documento axunto máis información
Reprodúcense a continuación en arquivos independentes o Plan de contixencia e o Plan de adaptación á situación COVID-19.
Comunicase a confirmación de un caso da Covid-19 no IES LAGOA DE ANTELA.
No documento axunto máis información
Axúntase o modelo de declaración responsable das familias para o protocolo Covid-19 en centros educativos. O día da presentación o alumnado ten que traer asinada esta declaración:
Tamén se axunta a enquisa de autoavaliación diaria, recoméndase facela antes de saír da casa:
Despois do anuncio da Consellería de Educación adiando nunha semana o inicio de curso en Secundaria, Bacharelato e FPB, faise público o novo calendario.
Tamén se anuncia a publicación da listaxe de libros de préstamo correspondentes ao Fondo Libros. A partir desta publicación, os interesados poderán consultar o estado do seu expediente (reparto de libros do fondo e vales) accedendo á aplicación no menú "Cidadáns", ou tamén na Secretaría do centro.