Profesorado

Alumnado

Bioloxía

Dpto de Bioloxía

O visitante nocturno da nosa charca

O alumnado de 1º ESO dentro do proxecto Refuxios instalou dúas cámaras de fototrampeo na charca do noso centro. Logo de recibir unha charla sobre estudos de ecoloxía onde se emprega esta técnica, o alumnado quixo facer unha investigación das especies que visitan a charca, e para iso colocou unhas cámaras que captan imaxes e videos.

A noite do sábado as cámaras recolleron imaxes dun intruso de catro patas. Unha raposa visitou a nosa charca, probablemente en busca de algo para cear. E non foi só ela, numerosas especies de paxaros, anfibios e incluos libeliñas fixeron saltar a "trampa" e recolleron imaxes da biodiversidade que alberga o noso pequeno ecosistema.

Xornadas divulgativas “As Charcas como recurso educativo”

 

O proxecto Refuxios continúa no IES Lagoa de Antela coa organización dunhas xornadas divulgativas centradas nos pequenos humidais : “As charcas como Recurso Educativo”.

Comezan os traballos para a creación dunha charca no IES

 

 

O alumnado de 1º da ESO comezou os traballos de campo para a creación dun refuxio húmido dentro do instituto. Durante varias xornadas os 5 grupos de alumnas e alumnos de 1º da ESO participaron nos traballos de campo coa ferramenta axeitada para realizar dous buratos que serán a principal área do refuxio húmido.

Álbum de fotografías do proxecto

PROXECTO "REFUXIOS" DO IES LAGOA DE ANTELA

 

 

 

 

O IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia, Ourense) foi seleccionado na convocatoria Probleu para levar a cabo o proxecto Refuxios. A nosa proposta foi a única candidatura galega seleccionada nesta convocatoria de financiamiento de proxectos relacionados coa protección da augas oceánicas e continentais, entre máis de​​ 80 candidaturas de 19 países da Unión Europea.