Profesorado

Alumnado

Taboleiro de secretaría, Admisión/Matrícula, Libros de texto, Calendario escolar, Horarios de atención, Transporte, Menú comedor

DATAS RELACIONADAS CO FONDO DE LIBROS

 

  • Presentación solicitudes: do 20 de maio ao 21 de xuño de 2024.
  • Publicación de listaxes provisionais (en https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ accedendo ca Chave365/certificado dixital  ou no taboleiro do IES): 12 de xullo de 2024.
  • Período de reclamación ás listaxes provisionais: 15, 16 e 17 de xullo de 2024.
  • Publicación da listaxe actualizada tras reclamacións: 19 de xullo de 2024.
  • Publicación de listaxes definitivas: 26 de xullo de 2024.
  • Entrega de vales para adquisición de material escolar: a partir do 29 de xullo de 2024 (só pode ser recollido polo pai, nai ou representante legal do alumno/a presentando o DNI).


HORARIO DE ATENCIÓN DURANTE O VERÁN

O horario de verán durante os meses de xullo e agosto será de 9:00 a 13:00. Permanecerá pechado os seguintes días:

  • Xoves 18 de xullo e  venres 19 de xullo (Santa Mariña)
  • Xoves 25 de xullo  e venres 26 de xullo (Santiago Apóstolo)
  • Xoves 15 de agosto e venres 16 de agosto (día da Asunción) 

 

 

Fondo de libros para o curso 2024-2025


O prazo para presentar solicitudes do fondo de libros para o curso 2024-2025 iniciarase o día 20 de maio e rematará o día 21 de xuño de 2024 (este incluído).

 


 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

Desde o 1  ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares sostidos con fondos públicos para o vindeiro curso 2024/25 para todo o alumnado  ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

A solicitude deberá facerse a través da aplicación admisión alumnado.