Profesorado

Alumnado

Taboleiro

INFORMACIÓN DIRIXIDA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA ACERCA DO CORONAVIRUS

Benquerida comunidade educativa do IES Lagoa de Antela,

como saberan pola prensa (no documento adxunto) a Xunta de Galicia comunicou ao mediodía de hoxe unha serie de medidas de prevención e contención na expansión do Coronavirus COVID-19 que afectan directamente a nosa laboura docente.

En concretro, a xornada de mañá será de caracter voluntario para o alumnado dos centros, recomendándose que non acudan ao centro salvo que os seus pais ou familiares non se podan facer cargo deles en horario escolar.
Dende o luns 16 de marzo e durante 14 días naturais (ata o 29 de marzo inclusive) acórdase suspender as actividades lectivas e pechar os centro cara o público, alumnado incluido.
Non haberá actividade lectiva presencial, nin exames nin calquera outra actividade complementaria, así como tampouco servizo de comedor e transporte, solo de xeito opcional.

No tocante ao profesorado, aínda que hoxe a noite ou mañá sairá un Decreto aclarando a nosa situación, nesa información remitida aos medios (ver documentos adxuntos) indica que deberemos acudir ao centro no noso horario ordinario (é posible que esta situación cambie co devir dos días) e, segundo propón a Consellería, que continuemos coa formación do alumnado, dándolle instruccións e material para que traballen no seu fogar e mediante canles telemáticos e virtuais (correo corporativo, aula virtual, rede abalar, aplicación móbiles educativas...) para atender ao alumnado e seguir co proceso docente nestas circunstancias tan excepcionais. Intentaremos subir tamén a nosa web os materiais que o profesorado vaia aportan por grupo e nivel.

Polo tanto, estes 14 días naturais sen docencia presencial, NON SON UNHAS VACACIÓNS, xa que os seus fillos/as deberan traballar e realizar as actividades, lecturas ou estudio seguindo as indicacións do seu profesorado.

Polo resto, recórdovos que quedan suspendidas tódalas actividades extraescolares dende o luns, incluídas as viaxes ao Norte de Italia, París, Lisboa e Norte de Portugal que estaban previstos para esta semana que ven.

Sentimos as formas de comunicarlles estas indicacións e a tardanza e dirixirnos a vostedes, pero non foi responsabilidade nosa xa que, no momento de escribirvos esta nota informativa, aínda a Consellería non nos aportou Instruccións, Orde ou Circular algunha de como actuar.

Saúdos
Atte. Manuel Grande
Director do IES Lagoa de Antela

 

Máis información en http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

Tamén anexo con información relativa ao Consello da Xunta do 12 de marzo de 2020

Participación FPB Cociña IES Lagoa de Antela en ALIMAGRO

 

O alumnado de FPB de Cociña e Restauración dirixidos polos seus profesores Martín e Sergio participaron activamente na feira ALIMAGRO organizada polo concello de Xinzo de Limia pasado mes de Novembro.

Con pequenos bocados elaborados por eles, e participando de diferentes actividades deron mostra do bo aproveitamento da formación que reciben. Para realizar esta actividade recibiron do concello de Xinzo unha subvención de 900 €.

Horario do centro durante as vacacións de Nadal

Durante o período de vacacións de Nadal (do 21 de decembro ao 7 de xaneiro, ámbolos dous incluídos) o centro permanecerá aberto de luns a venres en horario de 9:00 a 13:00 horas, a excepción do martes 24 de decembro e o martes 31 de decembro que permanecerá pechado.

Calendario inicio curso 2019/2020

Faise público o calendario de inicio para este novo curso que comeza 2019/2020

Horario do centro durante o mes de agosto

Durante o mes de agosto o centro permanecerá aberto de luns a venres en horario de 9:00 a 13:00 horas, a excepción do venres 16 de agosto que permanecerá pechado.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2019/2020

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

Anunciase a publicación dos listaxes provisionais de admitidos e excluídos do Fondo Solidario de Libros de Texto. Estes listados están a disposición dos solicitantes do fondo para a súa consulta nas instalacións do Instituto.

Durante os días 12, 15 e 16 de xullo poderán os solicitantes do fondo efectuar as reclamacións que consideren oportunas.

Tamén se fai público o listaxe provisional de vales de material escolar.

LIXTAXE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2019/2020

No arquivo axunto están recollidos os libros de texto que se empregarán nas diferentes materias durante o curso escolar 2019/2020.

CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN NA ESO (LOMCE)

Publicación dos criterios de promoción e titulación na ESO (LOMCE)

CALENDARIO SETEMBRO CURSO 208/2019

Faise público o calendario de setembro para o curso 2018/2019