Bo día,
O cambio de normativa no referente ao Transporte Escolar, fai que o alumnado que sexa usuario excepcional (é dicir, o alumnado de Bacharelato e o de FP Básica que teña máis de 16 anos), teña que UTILIZAR A TARXETA XENTE NOVA para que as viaxes ao Instituto e ao seu domicilio lle sexan gratuítas.
O resto do alumnado (da ESO e de FP Básica ata 16 anos) pode solicitala tamén para conseguir bonificacións en outros viaxes interurbanos ou metropolitanos de Galicia, xa que o Transporte Escolar teno garantizado e gratuíto.
Deben solicitar dita tarxeta no seguinte enderezo web:
https://www.bus.gal/gl/xente-nova
Calquer dúbida ou cuestión, poden porse en contacto co centro polos medios habituais.
Saúdos
No calendario axunto fanse públicas as datas de comezo do curso académico 2021/2022 no IES Lagoa de Antela.
Dáse publicidade ao listado provisional do fondo solidario de libros de texto; os listados publicaranse no taboleiro situado no interior do recinto do centro.
Así mesmo, as persoas solicitantes poden acceder por vía electrónica aos seus expedientes (reparto de libros do fondo e vales), a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.
Faise público o calendario de setembro para o actual curso 2020/2021
No arquivo axunto están recollidos os libros de texto que se empregarán nas diferentes materias durante o curso escolar 2021/2022.
Durante todo o verán o centro permanecerá aberto ao público en horario de 10:00 a 13:00 h
Publicase a listaxe definitiva de reservas admitidas para o curso 2021/202 de alumnado procedente de centros adscritos ao IES Lagoa de Antela para o primeiro curso da ESO.
A información contida neste informe pode visualizarse:
Bo día,
esta semana acumulamos 5 novos positivos no centro. 3 deses casos corresponden coa aula confinada de bacharelato como era previsible.
Os outros 2 casos foron contactos con positivos fóra do ambiente escolar.
En principio, os positivos producíronse por contactos externos ao centro e a Consellería entende que non é necesario tomar ningunha outra medida sanitaria, de momento.
O resto de alumnado e grupos seguirán coa súa docencia habitual.
De tódolos xeitos, pregramos responsabilidade das familias e dos alumnos/as, estremar as medidas de protección e non relaxarse nas mesmas cando fagan vida social, dentro ou fóra do instituto.
Calquera dúbida ou cuestión, poden contactar co centro nas formas habituais.
Saúde e sorte
Equipo Covid IES Lagoa Antela
Bo día,
a semana pasada producíronse 2 novos positivos no centro. Ao coincidiren con outro postivo máis na mesma aula, a Xefatura Territorial de Sanidade decidiu pechar a aula de 1º Bacharelato B, polo que se suspende a docencia presencial e se activan o horario espello unicamente de esa aula.
En principio, os positivos producíronse por contactos externos ao centro e a Consellería entende que non é necesario tomar ningunha outra medida sanitaria, de momento. O resto de alumnado e grupos seguirán coa súa docencia habitual.
Podedes consultar o resto da información na páxina WEB ou na carta anexa a este correo.
Calquera dúbida ou cuestión, podedes facelo en Xefatura.
Saúde e sorte
Equipo Covid IES Lagoa Antela