Iniciar sesión |
EventosLuns Abril 24, 2023
Start: 24/04/2023 09:00
O caso foi que cando quixemos ir á neve xa non foi posible, porque xa non había. Así que cambiamos de plan e marchamos a Asturies do 24 ó 28 de abril a facer un combinado de actividades na natureza. Fixemos un pouco de todo. Comezamos coa bicicleta pola Senda do Oso Continuamos co descenso do Sella en canoa Despois metémonos co descenso de barrancos Para descansar un pouco fomos a un parque de árbores E rematamos con algo de espeleoloxía na cova de "el Pandu" Esas foron as actividades principais, pero aínda tivemos tempo para algunha cousa máis. Visitamos os cantís de Pría E a cova de Cobijeru E atravesamos "la Cuevona" para visitar a aldea de Cueves E tamén fixemos algo de turismo por Ribadesella e Xixón A ver se para o ano si que podemos ir á neve, pero este rendémolo ben, non??
Luns Maio 08, 2023
Start: 08/05/2023 21:48
Nestes últimos recreos tivo lugar no noso ximnasio unha pequena competición de escalada. Tras a fase inicial na que participaron 10 alumn@s de 4º, pasaron á fase final tres. Tiveron que superar dúas vías do rocódromo sumándose os tempos empregados para cada unha. Finalmente a clasificación quedou así: 1º Gabriel Barros Arosa. 2º Víctor Vidal Verde. 3º Rubén Antonio Viu García Parabéns para tod@s e moitas grazas por participar. Martes Maio 16, 2023
Start: 16/05/2023 17:52
E por fin, dende antes da Covid, o martes 16 de maio voltamos a Donón. Porque unha cousa é o rocódromo e outra cousa é escalar en rocha. Aquí tedes a Gabriel tentando superar un paso complicado E aquí a Vítor coas illas Cíes ó fondo En fin, unha boa xornada de escalada e o grupo ó completo |
Eventos
|