O caso foi que cando quixemos ir á neve xa non foi posible, porque xa non había. Así que cambiamos de plan e marchamos a Asturies do 24 ó 28 de abril a facer un combinado de actividades na natureza. Fixemos un pouco de todo.
Comezamos coa bicicleta pola Senda do Oso
Continuamos co descenso do Sella en canoa
Despois metémonos co descenso de barrancos
Para descansar un pouco fomos a un parque de árbores
E rematamos con algo de espeleoloxía na cova de "el Pandu"
Esas foron as actividades principais, pero aínda tivemos tempo para algunha cousa máis.
Visitamos os cantís de Pría
E a cova de Cobijeru
E atravesamos "la Cuevona" para visitar a aldea de Cueves
E tamén fixemos algo de turismo por Ribadesella e Xixón
A ver se para o ano si que podemos ir á neve, pero este rendémolo ben, non??