luns 24 de outubro: 2º ESO, de 16H ata 17,40H.
Martes 25 outubro: 3º ESO, de 10,30h. ata 11,20h.
Expresarte!
Proxecto para a sensibilización, formación e prevención da violencia de machista a través da creación de materiais audiovisuais
O proxecto ExpresArte!, tratará en primeiro lugar, sensibilizar ao alumnado da ESO, sobre os valores ligados a promoción da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero. En segundo lugar, sobre o traballo realizado, ofrecer a posibilidade de levar a cabo unha campaña de difusión e sensibilización en materia de igualdade para o resto da cidadanía a través de diferentes materiais audiovisuais (curtametraxes, spots, videoclips, mini documentais)
Ademais, consideramos que dende a potenciación de procesos verdadeiramente participativos,
podemos crear as condicións didácticas necesarias para que o alumnado adquira as
competencias básicas no seu proceso de desenvolvemento persoal, de cara a asentar unha
verdadeira educación para a igualdade que teña incidencia real nos seus hábitos e
comportamentos cotiás.
obxectivos
-
Proporcionar un achegamento a temática da igualdade de oportunidades ao alumnado do Concello de Bueu.
-
Promover a adquisición de valores ligados á sensibilización e promoción da igualdade de oportunidades coa elaboración de diferentes materiais audiovisuais.
-
Fomentar dinámicas plenamente participativas e motivadoras para que a mocidade se implique na creación de propostas de educación para a igualdade.
-
Desenvolver materiais audiovisuais que promovan a sensibilización contra a violencia de xénero.
1º ESO sesión conxunta Grupos A e B día 20 xoves.
1ª sesión de 10,30h-11,20h.
2ª sesión de 11,50h- 12,45h.