Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Maio 03, 2016
Start: 03/05/2016 09:23
End: 03/05/2016 17:23

O pasado 3 de maio fixemos disfrutamos dunha nova andaina co alumnado de 1º ESO. Nesta ocasión comezamos en Vilanova-Aldán, subimos ó Facho de Donón e continuamos ata Cabo Home onde nos dimos o  1º baño da temporada na praia de Melide e xantamos no pinar.

Unha boa xornada  na compaña da boa xente do IES ILLA DE ONS.

Penúltima andaina do alumnado de 1º deste curso. Aínda queda unha máis, e será a mellor!!!

Start: 03/05/2016 11:55
End: 03/05/2016 12:45

O martes día 3 de maio de 2016 teremos unha charla informativa impartida por un enxeñeiro informático para explicarlles aos alumn@s a  utilización responsable e segura de internet.

Os alumnos de 1º e 2º da ESO asistirán en horario de 11,55 ata 12,45h.

 

Martes Maio 31, 2016
Start: 31/05/2016 07:32

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O martes, 31 de maio, tivemos a visita do alumnado de 6º de Educación Primaria, que para o vindeiro curso estará matriculado en 1º de ESO no noso IES.

 

 

 

 

Ensinámoslles o centro e participaron en diversas representacións organizadas polo noso alumnado.

O ximnasio 

 

O rocódromo

 

A aula de educación plástica

 

A aula de tecnoloxía

 

O laboratorio

 

 

Xa no salón de actos, disfrutaron das representacións musicais dos nosos alumnos/as, e participaron nunha batucada.

 

Asistiton a un baile organizado polas alumnas.

 

Foi un pracer recibirvos .

Esperámosvos a tod@s en setembro !!!!!

 

 

 

 

 

Mércores Xuño 01, 2016
Start: 01/06/2016 20:12

O pasado día 30 de maio tiveron lugar as finais do torneo de Floorball. Dende mediados do mes de maio víñase celebrando nos recreos este emocionante torneo no ximnasio do noso centro.

Aquí tedes ós finalistas do torneo. Na foto de enriba están os de 1º e 2º cursos e na de debaixo os finalistas de 3º e 4º.

O torneo foi todo un éxito que creou moita expectación durante os recreos. Todo saíu moi ben e non houbo feridos de gravidade...

Moitas grazas a todos os participantes!!

Distribuir contido