X Concurso de viñeta e ilustración "A igualdade no traballo"
Co gallo da conmemoración do día 8 de marzo, Día Internaciónal da Muller. O Centro de Información ás Mulleres do concello de Bueu, convocou entre o alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato, o X concurso de viñeta e ilustración baixo a temática “A IGUALDADE NO TRABALLO”. O obxectivo é sensibilizar ao alumnado acerca da situación laboral da muller.
Entre os alumnos/as premiados tivo unha mención especial a alumna Marta Vidal Entenza, que cursa 1º ESO.
Este ano ademais tocoulle ao noso centro inaugurar o acto celebrado no Centro Social do Mar e para tal motivo alumnos/as de 1º de ESO fixeron unha representacion sobre esta temática. Foi todo un éxito e recibiron os alagos de tódolos asistentes.