Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Maio 07, 2015
Start: 07/05/2015 11:55
End: 07/05/2015 12:45

TALLERES REXURDIR DE PREVENCIÓN DAS  DROGODEPENDENCIAS.

 

1º ESO  (TITORÍAS: MÉRCORES 8:50-9:40)

DATAS: 4-11-18-25 de MARZO / 8 de ABRIL.

 

 

2º ESO (TITORÍAS: VENRES 9:40-10:30)

DATAS: 16-23-30 XANEIRO / 6-13  de FEBREIRO.

 

 

3º PDC  (XOVES 10:30-11:20 )

DATAS : 15-22-29 XANEIRO /12-19 de FEBREIRO.

 

 

3º ESO  ( TITORÍAS: XOVES 11:55- 12:45)

DATAS : 9-16-23-30 ABRIL / 7 de MAIO.

 

 

4º ESO (XOVES 9:40-10:30)

DATAS : 15-22-29 XANEIRO/ 12-19 de FEBREIRO.

Xoves Maio 28, 2015
Start: 28/05/2015 11:51

Por primeira vez no noso centro un Campionato de Escalada!! Seguindo coa idea de potenciar as actividades no medio natural, despois de traballar este deporte no 2º trimestre e despois da tradicional xornada de escalada en Donón, os alumnos de 4º protagonizaron este 1º campionato  que tivo por obxectivo facer máis visible este fermoso deporte ós membros da nosa comunidade escolar. Competindo por parellas os participantes tiñan que ser máis rápidos en tocar a pequena campana situada no alto do rocódromo. Para iso debían aunar técnica, velocidade e nervios de aceiro!! Noraboa a todos os participantes. Aquí temos un par de fotos da xornada.

 

 A vindeira semana todos os membros da nosa comunidade escolar están invitados a probar o noso rocódromo durante o recreo. Non se requiren coñecementos previos, só gañas de pasalo ben!!!

Luns Xuño 01, 2015
Start: 01/06/2015 06:46

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O luns 1 de xuño temos a xornada de portas abertas co alumnado de 6º de Educación Primaria que cursará, o vindeiro curso 2015/2016, 1º de ESO no noso centro. Recibimos, acompañados das súas titoras, ou nalgúns casos das familias,  alumnos/as dos CEIPs adscritos; de Cela e Beluso, así coma alumnos/as do CEIP A Pedra e o CEIP de ArdánActuaron como guías catro alumnos/as do noso centro de 1º de ESO que foron os encargados de amosarllo.

Pola tarde, ás 17:45h, serán recibidas ás familias.

 

 

Vémonos en Setembro¡¡¡¡

 

 

Distribuir contido