1º CAMPIONATO DE ESCALADA "IES ILLA DE ONS"

Enviado por Anónimo o Sáb, 30/05/2015 - 09:11
28/05/2015 11:51
Etc/GMT+1

Por primeira vez no noso centro un Campionato de Escalada!! Seguindo coa idea de potenciar as actividades no medio natural, despois de traballar este deporte no 2º trimestre e despois da tradicional xornada de escalada en Donón, os alumnos de 4º protagonizaron este 1º campionato  que tivo por obxectivo facer máis visible este fermoso deporte ós membros da nosa comunidade escolar. Competindo por parellas os participantes tiñan que ser máis rápidos en tocar a pequena campana situada no alto do rocódromo. Para iso debían aunar técnica, velocidade e nervios de aceiro!! Noraboa a todos os participantes. Aquí temos un par de fotos da xornada.

 

 A vindeira semana todos os membros da nosa comunidade escolar están invitados a probar o noso rocódromo durante o recreo. Non se requiren coñecementos previos, só gañas de pasalo ben!!!