Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Mércores Outubro 22, 2014 »
Mér
Start: 22/10/2014 09:00

Coma en anos anteriores volvemos ó Courel. Os vindeiros días 22,23 e 24 de outubro disfrutaremos duns días de pleno contacto coa natureza na nosa querida montaña luguesa. Nesta ocasión introducimos algúns cambios na actividade. Por unha banda pasaremos alí non unha, senón dúas noites. Isto vainos permitir integrarnos máis na cultura courelá e facer algo máis de actividade: a visita o "Pregamento de Campodola" e ó Museo Xeolóxico de Quiroga. Pola outra despois de varios anos visitando a Cova da Ceza, nesta ocasión probaremos o deporte da espeleoloxía na cova de Cortiñas que anque non ten río dentro ofrécenos máis formacións calizas no seu interior. Coma sempre, ademais do fermoso deporte das profundidades, visitaremos a Devesa da Rogueira, subiremos ó monte Formigueiros e lembraremos o deporte da carreira de orientación practicado en 3º cunha proba de orientación nocturna. Por suposto visitaremos a localidade do Cebreiro. Mañá martes remataremos os preparativos durante a clase de E.F. e o mércores  de mañá marcharemos os 22 participantes (19 alumnos e 3 profes) cara as terras de Novoneyra. O éxito da actividade está asegurado.

 

Distribuir contido