Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Xaneiro 27, 2014
Start: 27/01/2014 16:40
End: 27/01/2014 17:40
O día 27 de Xaneiro terá lugar no salón de actos do centro unha charla informativa impartida por  Julio Mosquera,  técnico designado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática e a Xunta de Galicia para impartir  o seminario vinculado co Plan Navega con Rumbo, no que se trata de aportarlles aos alumnos, pais e profesores distintas pautas, conceptos e prácticas no emprego das novas tecnoloxías, e sobre todo no emprego da Internet, e tendo en conta os perigos e prácticas ilícitas existentes.
 

A charla dura aproximadamente 1 hora.

Mércores Xaneiro 29, 2014
Start: 29/01/2014 00:00
End: 29/01/2014 14:25

 

Mércores 29 xaneiro 2014
11:00

Música | Ópera     Programa didáctico
'The telephone', a ópera de Menotti
Real Filharmonía de Galicia


A Real Filharmonía de Galicia interpretará a ópera 'O teléfono' de Gian Carlo Menotti
 que é unha divertida parodia que fai unha crítica, a xeito de farsa, sobre a carencia
 de comunicación nas relacións humanas. A estrea da ópera tivo lugar no Hecksher    Theater de Nueva York o 18 de febreiro de 1947.


Nesta ópera de cámara unha muller usa o teléfono como único medio de contacto co mundo; a tal grao chega a súa afección por ese aparello que a súa parella ten que abandonar o fogar e chamarlle desde a rúa para ser escoitado.

Mércores Febreiro 26, 2014
Start: 26/02/2014 00:30

IV XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Os días 26 e 27 de Febreiro de 2014 celebraranse as "IV Xornadas de Orientación Académica e Profesional " dos Concellos de Cangas, Moaña, Bueu e Vilaboa, no Auditorio Municipal de Cangas.

 A presentación das mesmas terá lugar  o día 25 de Febreiro ás 19.00 no Salón de Plenos do Concello de Cangas.

Estas Xornadas están dirixidas ao alumnado de 4o da ESO, 1º e 2o de Bacharelato e alumnado interesado dos Ciclos Superiores de Formación Profesional.

As xornadas terán dúas partes. Unha primeira parte que será a que teña lugar no auditorio para o alumnado de Bacharelato e Ciclos de FP ; e unha segunda parte dirixida ao noso alumnado de 4ºESO que consistirá na visita aos IES mencionados para coñecer as súas instalacións e informarse dos estudos que se imparten. 

Adxuntase o programa:

https://drive.google.com/file/d/0B4oqZVB4o2qqejRiMWl5UXYwcFE/edit?usp=sharing

Distribuir contido