Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Martes Xaneiro 07, 2014 »
Mar

...BASES ...

Convoca:
Departamento de Actividades Extraescolares e Complementarias e Departamento de Educación Plástica e Visual do IES Illa de Ons.

Obxecto:
Este concurso ten como finalidade seleccionar un deseño para elaborar unha serie de camisetas que poñerán á venda os alumnos e alumnas de 2º ESO e 3º ESO do noso centro. O obxectivo é recadar cartos para a excursión que farán á neve durante o presente curso.

Participantes:
Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Illa de Ons. Cada participante terá a posibilidade de presentar todos os deseños que desexe, sempre e cando sexan orixinais e inéditos.

Temática:
O tema é libre e o deseño pode estar creado en base a debuxos, palabras, frases...

* Se cadra, pensando na súa comercialización a nivel local, podedes centrar as vosas ideas nalgo que teña que ver coa cultura popular da vosa terra (costumes, frases típicas...) pero dándolle un toque moderno.

Formato:
O deseño deberá entregarse en lámina de debuxo de tamaño A4 ou ben en formato dixital (20 x 30 cm e 300 ppp). O debuxo só poderá estar realizado nunha cor (serigrafiaranse en negro ou branco sobre a camiseta de cor).

Forma e prazo de presentación:
A data límite de presentación será o día 10 de xaneiro de 2014.
O alumnado que decida presentar o seu deseño nunha lámina, deberá entregalo na Aula de Educación Plástica e Visual dentro do prazo indicado. O envío do deseño dixitalizado pódese realizar a través da Aula Virtual do centro.

 

...IDEAS...
Para que vexades algúns exemplos, aquí tedes seis ligazóns a distintas empresas de deseño de camisetas que centran a súa temática na retranca galega:

 

 

 

 

Distribuir contido