Nova "quedada" do club de ciencia

O pasado luns día 16 de xaneiro tivo lugar unha nova edición do club de ciencia do IES A Guía. Nesta ocasión o alumnado participante levou a cabo unha análise da calidade de distintas mostras de auga, determinando o pH, a presenza de cloruros e de microorganismos grazas ao proxecto "a caixa sostible", cofinanciado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia e Innovación, a Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía, o Consello Social da Universidade de Vigo e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste de España. Nas seguintes imaxes podedes ver o proceso de análise de microorganismos e as caixas petri cos diferentes cultivos:

club4

club5

Visita ao Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS)

O pasado 13 de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de bacharelato de ciencias visitou o CIQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares) onde lles explicaron o funcionamento do centro, as técnicas instrumentais que se empregan habitualmente na investigación no campo da química, da bioloxía e da física, así como asistir a diversos experimentos científicos da man do persoal do CIQUS.

ciqus

Concerto de Nadal

O pasado mes de decembro, para rematar coas actividades lectivas antes das vacacións, o departamento de Música organizou o concerto de Nadal, coa participación do alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO, así como o alumnado de 1º de bacharelato con materias relacionadas co departamento. Aquí vos deixamos unha pequena mostra:

Visita ao Porto e Viveiro de mariscos de Vigo

O pasado día 11 de xaneiro, o alumnado de 1º curso de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais na modalidade dual, acompañados de dúas embaixadoras de excepción (Patricia Leirós e Lourdes Porto), visitaron o Porto de Vigo e asistiron á subasta de bivalvos na lonxa de mariscos. Patricia e Lourdes explicáronlles como funcionaba a subasta, os tipos de pesca e de embarcacións que se empregan entre outras cousas moi interesantes do apaixoante mundo do sector pesqueiro.

yol

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer