Visita ao Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS)

O pasado 13 de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de bacharelato de ciencias visitou o CIQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares) onde lles explicaron o funcionamento do centro, as técnicas instrumentais que se empregan habitualmente na investigación no campo da química, da bioloxía e da física, así como asistir a diversos experimentos científicos da man do persoal do CIQUS.

ciqus

Concerto de Nadal

O pasado mes de decembro, para rematar coas actividades lectivas antes das vacacións, o departamento de Música organizou o concerto de Nadal, coa participación do alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO, así como o alumnado de 1º de bacharelato con materias relacionadas co departamento. Aquí vos deixamos unha pequena mostra:

Visita ao Porto e Viveiro de mariscos de Vigo

O pasado día 11 de xaneiro, o alumnado de 1º curso de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais na modalidade dual, acompañados de dúas embaixadoras de excepción (Patricia Leirós e Lourdes Porto), visitaron o Porto de Vigo e asistiron á subasta de bivalvos na lonxa de mariscos. Patricia e Lourdes explicáronlles como funcionaba a subasta, os tipos de pesca e de embarcacións que se empregan entre outras cousas moi interesantes do apaixoante mundo do sector pesqueiro.

yol

A FP Básica xestiona unha tenda de Oxfam Intermón

O pasado mes de decembro os grupos de 1º e 2º de Grao Básico de Actividades Comerciais do IES A Guía foron quen de xestionar unha tenda, en colaboración con Oxfam Intermon. O proxecto xorde da colaboración de todo o profesorado, combinada cunha visita previa á tenda de Oxfam en Vigo. A proba de que outro xeito de ensinanza é posible Guay

tenda

tenda2

tenda3

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer