Calendario probas finais ciclos formativos de marzo de 2023

Premendo na imaxe pode consultar a información relativa ás probas finais do mes de marzo de 2023 para o ciclos formativos de Comercio e Márketing

Día da da muller e da nena na ciencia

O pasado día 10 de febreiro, con motivo da celebración do día da muller e da nena na ciencia o 11 de febreiro, as alumnas do IES A Guía dos cursos de 3º e 4º ESO participaron na VII edición de #ElasFanCienTec organizado pola Universidade de Vigo. Ao longo da visita tiveron a ocasión de realizar diversos obradoiros científicos. Dende o IES A Guía queremos agradecer esta iniciativa á Universidade de Vigo e, en particular, ao CINBIO.

Charla sobre o transporte e a loxística marítima a cargo do director de TERMAVI

O martes 7 de Febreiro, o alumnado do ciclo superior de Transporte e Loxística do IES A Guía tivo o pracer de recibir unha ponencia de Antonio Seoane Lema, Director de Operacións das Terminais Marítimas de Vigo (TERMAVI). Durante a súa visita tocou conceptos como o transporte e a loxísitica marítima, ademais dos relacionacionados co tráfico de contedores. Dende o IES A Guía agradecemos profundamente que nos brindara parte do seu tempo invertíndoo na formación do noso alumnado!

directorTERMAVI

Club de ciencia: Xogamos coa difracción da luz

O pasado luns 6 de febreiro tivo lugar unha nova edición do club de ciencia do IES A Guía. Esta vez abordáronse dúas cuestións:

Por unha banda, o alumnado voluntario estivo observando o crecemento de colonias nas caixas petri sementadas no anterior club de ciencia, que podedes consultar nesta ligazón. Aquí podedes ver o resultado en imaxes:

colonias

Por outro lado, o alumnado puido experimentar co fenómeno da difracción da luz, mediante a construción dun espectroscopio empregando os materiais proporcionados polo proxecto "a caixa sostible", cofinanciado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia e Innovación, a Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía, o Consello Social da Universidade de Vigo e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste de España. Nas seguintes imaxes podedes ver o proceso de montaxe e o resultado da difracción da luz mediante a cámara do teléfono móbil:

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer