O pasado luns 6 de febreiro tivo lugar unha nova edición do club de ciencia do IES A Guía. Esta vez abordáronse dúas cuestións:
Por unha banda, o alumnado voluntario estivo observando o crecemento de colonias nas caixas petri sementadas no anterior club de ciencia, que podedes consultar nesta ligazón. Aquí podedes ver o resultado en imaxes:
Por outro lado, o alumnado puido experimentar co fenómeno da difracción da luz, mediante a construción dun espectroscopio empregando os materiais proporcionados polo proxecto "a caixa sostible", cofinanciado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia e Innovación, a Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía, o Consello Social da Universidade de Vigo e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste de España. Nas seguintes imaxes podedes ver o proceso de montaxe e o resultado da difracción da luz mediante a cámara do teléfono móbil:
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer