Os alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato de Xeoloxía do IES A GUÍA realizaron unha viaxe conxunta co alumnado de 1º de Bacharelato do IES República Oriental do Uruguai, a illa Terceira de Azores.
Na terceira e derradeira xornada do proxecto do Bosque Atlántico que se levou a cabo o día 9 de xaneiro, os alumnos de 3º de ESO de Proxecto Competencial e de 4º de ESO de Bioloxía e Xeoloxía puxeron en práctica o aprendido na aula.
O alumnado de 1º de Xestión de ventas e 2º de Comercio Internacional fixo unha visita ás Bodegas Gran Bazán para coñecer a actividade empresarial desta empresa produtora e exportadora, así como as políticas comerciais aplicadas nun mercado tan competitivo.
O próximo xoves pola tarde imos ter unha charla informativa Erasmus+ para profesorado de ciclos superiores. Presentaremos a convocatoria KA131 desde ano, aclararemos dúbidas e escoitaremos as experiencias dos profes que foron o ano pasado. Non volo perdades!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer