A semana pasada celebramos o día da Paz cos nosos veciños da Escola Infantil Monte da Guía.
O alumnado de FP Básica e de 4º da ESO acudiu ao centro para realizar unhas sesións de contacontos moi especiais, levamos o noso teatro da Paz e representamos con monicreques diversos contos para as distintas aulas da escola.
O alumnado de 1º e 2º de ESO acudiu ao museo Liste para visitar a exposición de máscaras do noso Entroido tardicional e realizar un obradoiro sobre o Vergalleiro de Sarreaux.
Xa podedes consultar a listaxe definitiva de alumnado de ciclos superiores seleccionado para realizar as mobilidades Erasmus+ co programa KA131 do instituto.
Parabéns!
O alumnado de Ciclo Medio de Actividades Comerciais visitou este mércores o Mercado de Teis, acompañados polas profesoras Elena Hermo e Noela Martínez.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer