Xa podedes consultar a listaxe provisional de alumnado seleccionado para realizar as mobilidades Erasmus+ para ciclos superiores co programa KA131 do instituto.
Se non estades de acordo con algunha das puntuacións, tedes un prazo de 5 días lectivos contados a partir do día seguinte da publicación para mandar a vosa reclamación ao email habitual.
Parabéns aos seleccionados e seleccionadas!
O día 22 de xaneiro, o alumnado de 3º ESO e de 1º de Bacharelato de Ciencias, asistiu no salón de actos do IES A GUÍA a unha conferencia sobre a contaminación atmosférica e os efectos sobre a nosa saúde, englobada dentro do CPINNOVA.
Convócanse 7 bolsas Erasmus+ para o profesorado de ciclos superiores do instituto.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 14 de febreiro
Máis información nas seguintes ligazóns:
- Texto completo da convocatoria
- Anexo I
- Anexo II
TICs e Medio Ambiente
Como parte do desenvolvemento do CPINNOVA, o día 16 de xaneiro, o alumnado de 3º ESO da materia de Proxecto Competencial, de 4º ESO de Bioloxía e Xeoloxía e de 1º de Bacharelato de Ciencias, tiveron a oportunidade de coñecer proxectos multidisciplinares de aplicación de TICs no Medio Ambiente.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer