CPINNOVA:Formación, investigación e multidisciplinariedade

TICs e Medio Ambiente

 Como parte do desenvolvemento do CPINNOVA, o día 16 de xaneiro, o alumnado de 3º ESO da materia de Proxecto Competencial, de 4º ESO de Bioloxía e Xeoloxía e de 1º de Bacharelato de Ciencias, tiveron a oportunidade de coñecer proxectos multidisciplinares de aplicación de TICs no Medio Ambiente.

 

María Piñeiro, do Instituto Universitario de Medio Ambiente e Javier Andrade, do Depto. de Ciencias de la Computación y Tecnologías de la Información, da Facultade de Informática, ambos da Universidade da Coruña, charlaron co noso alumnado sobre a contaminación atmosférica e as moi diversas TICs que se poden empregar tanto para a vixilancia ambiental como para a “eco-actuación”. Dende o IES A GUÍA queremos agradecerlle a María e Javier a súa colaboración coa formación do noso alumnado. Grazas!

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer