VIAXE A AZORES

Os alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato de Xeoloxía do IES A GUÍA realizaron unha viaxe conxunta co alumnado de 1º de Bacharelato do IES República Oriental do Uruguai, a illa Terceira de Azores.

Durante catro días puidemos gozar das paisaxes, localidades como Angra do Heroísmo, a gastronomía, o clima, a súa historia, pero sobre todo da xeoloxía da illa. Roteiros de sendeirismo (volcán Monte do Brasil, baías da Agualva marcadas pola penetración de lava no mar formando cantís, promontorios e disxuncións lávicas columnares). Adentrámonos nun volcán, Algar do Carvão, a única cheminea volcánica con acceso directo do mundo. Visitamos tamén a Gruta do Natal, onde percorremos os seus túneles lávicos. En Biscoitos, paseamos polas súas piscinas naturais construídas entre a lava volcánica. Unha experiencia única en todos os sentidos, unha viaxe para lembrar!

AZORES

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer