Moitos libros novos na nosa Biblioteca para tí
Enviado por dveiga o Lun, 11/11/2024 - 16:00As mellores fotos da nosa Andaina 2024
Enviado por dveiga o Mér, 30/10/2024 - 09:28Convocatoria eleccións representantes Consello Escolar
Enviado por admin o Ven, 25/10/2024 - 17:48De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sosƟdos con fondos públicos (DOG do 18 de setembro), a Xunta Electoral deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, nos seguintes sectores:
- Sector de pais, nais e titoras legais
- Sector do alumnado
- Sector do profesorado
Poderanse presentar candidaturas a partid do día 28 de outubro de 2024 ata as 14 horas do día 7 de novembro. O sorteo dos membros das mesas electorais realizarease o 12 de novembro ás 11:20 na biblioteca e a campaña electoral realizarase entre o 15 e o 20 de novembro, sendo as votación o día 22 de novembro:
- Sector de pais, nais e titoras legais - De 12 a 13h
- Sector do alumnado - De 9:40 a 11:20
- Sector do profesorado - Ás 11:20
Podedes ver toda a información nos documentos adxuntos.
Eleccións ao Consello Escolar 2024
Enviado por admin o Xov, 17/10/2024 - 07:47De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN de 10 de septiembre de 2024, de la Dirección General de Ordenación e Innovación Educativa, por la que se establece el calendario para la celebración de elecciones de miembros de los consejos escolares de centros docentes sostenidos con fondos públicos (DOG do 18 de setembro), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de toda a comunidade educativa.
A composición do Consello Escolar do IES García Barbón é como segue:
- Presidenta: Directora
- Xefa de Estudos de Diurno
- Xefe de Estudos de Adultos
- 1 Representante do Concello
- 1 Representante dos Empresarios (con voz pero sen voto)
- Secretaria (con voz, pero sen voto)
- 7 Representantes do Profesorado
- 3 Representantes de Pais/Nais
- 4 Representantes do Alumnado
- 1 Representante do Persoal de Administración e Servizos
Nas presentes eleccións cómpre renovar aos seguintes membros por sectores:
- 5 Representantes do Profesorado
- 4 Representantes do Alumnado
- 3 Representantes de Pais-Nais
Toda a información relativa ó proceso electoral atoparase no taboleiro do vestíbulo.
Acreditación de competencias no IES García Barbón
Enviado por dveiga o Mér, 16/10/2024 - 12:19Libros de texto Curso 2024/2025
Enviado por admin o Dom, 22/09/2024 - 11:38Documento que recolle os diferentes libros de texto empregados nas diferentes materias durante o curso 2024/2025.
Presentación curso 2024/2025
Enviado por Web o Mér, 04/09/2024 - 07:36Presentacións do curso (Salón de actos):
11 de setembro de 2024
- 10:00 Ciclos medios e superior
- 11:00 Bacharelato
- 12:00 ESA
- 12:30 Ciclos Básicos
Matrícula de alumnado de Bacharelato e 2º curso de ciclos
Enviado por Web o Lun, 24/06/2024 - 17:23O período de matrícula para o Bacharelato é do 24 de xuño ao 8 de xullo.
O período de matrícula para alumnado de 2º Ciclo Básico, 2º Ciclo Medio e 2º Ciclo Superior é do 24 de xuño ao 4 de xullo ás 13 horas. O alumnado dos 2º ciclos de Dual Intensiva a matrícula será en setembro.
O alumando que se incorpora a facer un ciclo en 1º ou repite é necesario que faga a solicitude en Ciclos admisión.
Para a matrícula é necesario recoller o sobre no centro e traer a seguinte documentación:
- Fotografía tamaño carnet
- Fotocopia do DNI, fotocopia dos DNI da nai e do pai se a alumna ou alumno é menor de idade.
- Comprobante de pago do Seguro Escolar para menores de 28 anos. Necesario ingresar ou facer transferencia na seguinte conta:
- Titular conta/beneficiario: IES García Barbón
- Entidade financieira: Sabadell
- Nº de conta: ES23 0081 2224 9800 0109 9619
- Cantidade a ingresar: 1,12€
- Concepto: Nome completo da/o alumna/o e estudos que cursa.
Prazos de admisión na Formación Profesional e oferta formativa 2024-2025
Enviado por dveiga o Ven, 14/06/2024 - 09:16
Admisión a formación profesional 2024-2025
Oferta ordinaria e oferta modular
Presentación de solicitudes: 24 de xuño ás 9:00 horas ao 4 de xullo ás 13:00 horas
Dual intensiva
Presentación de solicitudes: 24 de xuño ás 9:00 horas ao 4 de xullo ás 13:00 horas
Formación Profesional Básica
Presentación de solicitudes: 24 de xuño ás 9:00 horas ao 4 de xullo ás 13:00 horas
Instrucións xerais do proceso de admisión
Calendario do proceso de admisión
Oferta de estudos de Formación Profesional en Galicia 2024-2025
Oferta formativa IES García Barbón 2024-2025