Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior 2023
Enviado por dveiga o Lun, 09/01/2023 - 16:32Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior 2023
Prazos de inscrición:
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 23 de xaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.
Máis información:
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior
Infografía detallada sobre as probas de acceso a ciclos de grao medio
Infografía detallada sobre as probas de acceso a ciclos de grao superior
BOAS FESTAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA
Enviado por Biblioteca o Xov, 22/12/2022 - 14:13Desexámosvos un Bo Nadal e un Feliz Aninovo!!!!
Felicitámosvos coa postal gañadora do concurso deste ano feita por Cristina Martínez de 2º de Bacharelato.
"Honrarei o Nadal no meu corazón e procurarei conservalo durante todo o ano", Charles Dickens.
VINDEIRAS SESIÓNS CLUB DE LECTURA E SESIÓN ESPECIAL CON PINCHOS E CHARLA SOBRE MANGA!!!
Enviado por Biblioteca o Sáb, 03/12/2022 - 21:27Lembrade que este luns día 5 teremos unha sesión do club de lectura na biblioteca do centro ás 15:15 e outra ás 16h.
Non esquezades que o día 12 de decembro hai unha sesión especial, que inclúe pinchos para os membros do club de lectura e unha charla moi interesante sobre manga impartida por Gabriel Álvarez. Ese día os pinchos comezarán ás 14:30 no patio cuberto do centro.
PARTICIPA NO AMIGO INVISIBLE DO IES GARCÍA BARBÓN. RECIBIRÁS UN AGASALLO DO APALPADOR!!!
Enviado por Biblioteca o Sáb, 03/12/2022 - 21:20O día 22 de decembro o Apalpador visitará o noso centro cun saco cheo de agasallos. Se queres recibir o teu, participa no amigo invisible do centro. É moi sinxelo:
-Merca un regalo que sexa como moito de tres euros.
-Envólveo e déixao na biblioteca ou en vicedirección. Alí daranche un papel no que se indica que entregaches un regalo. Non o perdas!
-O día 22 preséntalle ese papel ao Apalpador e recibe o teu agasallo.
Anímate e participa!!!!
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
Enviado por Biblioteca o Sáb, 03/12/2022 - 21:13Anímate a participar no concurso de postais de Nadal organizado polo EDLG e a bliblioteca do centro. Tes que facer un deseño orixinal (un debuxo ou unha foto) e escribit unha felicitación.
Manda a túa proposta antes do 17 de decembro ao correo biblioteca.barbon.verin@gmail.com.
A postal gañadora servirá para desexar felices festas a toda a comunidade educatica dende as redes sociais do centro.
BOLETÍNS NOTAS 1ª AVALIACIÓN
Enviado por admin o Sáb, 03/12/2022 - 15:45Recordatorio paras as familias e alumnado do IES GARCÍA BARBÓN.
As notas da primeira avaliación están publicadas no espazo ABALAR.
É necesario ter descargada a aplicación ABALAR para poder ter acceso a dita información.
Na presentación do curso 22/23 xa se comentou a importancia de ter activa a mesma, xa que a través de dita aplicación tanto alumnos maiores de idade, como pais, nais ou titores legais tedes acceso a toda a información do alumno/a: notas, faltas de asistencia, partes de comportamento...
Tamén tedes acceso a todos os avisos que o centro educativo comunica: saídas educativas, actividades complementarias, folgas do alumnado..
Ó longo da semana o alumnado de 2º CS e CM dos diferentes ciclos tamén poderá consultar os seus boletíns.
Recursos variados para aprender sobre hábitos e técnicas de estudo
Enviado por dveiga o Ven, 11/11/2022 - 08:51
Recursos de información e orientación educativa en liña 2022-2023
Enviado por dveiga o Ven, 04/11/2022 - 09:31Eleccións ao Consello Escolar
Enviado por admin o Lun, 24/10/2022 - 12:23
Toda a información das eleccións ao Consello Escolar atópanse nos documentos adxuntos de esta entrada.
INFORMACIÓN ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
A Resolución do 19 de setembro de 2022 (DOG do 30 de setembro) establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
A composición do Consello Escolar do IES García Barbón é como segue:
- Presidenta: Directora
- Xefe de Estudos de Diurno
- Xefa de Estudos de Adultos
- 1 Representante do Concello
- 1 Representante dos Empresarios (con voz pero sen voto)
- Secretaria (con voz pero sen voto)
- 7 Representantes do Profesorado
- 3 Representantes de Pais/Nais
- 4 Representantes do Alumnado
- 1 Representante do Persoal de Administración e Servizos
Nas presentes eleccións cómpre renovar ós seguintes membros por sectores:
- 3 Representantes do Profesorado
- 4 Representantes do Alumnado
- 3 Representantes de Pais-Nais
- 1 Representante do Persoal de Administración e Servicios
CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL
De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (DOG do 30 de setembro), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de toda a comunidade educativa.
A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:
- A Directora do Centro.
- Un profesor ou profesora.
- Un pai ou nai ou titor legal.
- Un alumno ou alumna.
- Un representante do persoal de administración e servizos
Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 28 de outubro, ás 11:30 na Biblioteca do Centro
Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »