Saltar navegación.
Inicio

Uso do teléfono móbil no centro educativo

En base a normativa vixente:

 

- DECRETO 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar

Artigo 19. Normas de convivencia

4. Así mesmo, prohíbese o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismo de comunicación durante os períodos lectivos. Excepcionalmente, os centros poderán establecer normas para a correcta utilización como ferramenta pedagóxica.

 

- Normas organización e funcionamento (NOF IES García Barbón)

2.2 Sobre a permanencia no centro

19. Está totalmente prohibido gravar ou difundir imaxes ou audios de calquera membro da comunidade escolar sen a súa autorización. Non está permitido o uso de móbiles e demais dispositivos electrónicos en horario lectivo e en todo o recinto escolar, excepto para uso docente ou actividades pedagóxicas así como na hora do recreo.

 

Todo alumnado que use o móbil en horario lectivo será sancionado, en base a esta normativa.

25 Novembro - Día contra a Violencia Machista

O alumnado de 1º CM Xestión Administrativa elaboraron este vídeo para denunciar a Violencia contra a Muller o 25N do 2023.

 

Exame Formación e Orientación Laboral pendente Coidados Auxiliares de Enfermaría

Infórmase que o exame de Formación e Orientación Laboral da materia pendente de CM Coidados Auxiliares de Enfermaría será o 13 de decembro ás 10 horas.

Curtametraxe "Oda a un vampiro"

O alumnado de 1º CM de Xestión Administrativo, elaborou para os relatos de Samaín unha curtametraxe que se presentou na biblioteca o pasado día 31. Agora podedes disfrutar del no Youtube.

 

Programa Outono Xove 2023

 O programa Outono Xove 2023 está dirixido a mozos e mozas empadroados en Galicia que teñan entre 14 e 30 anos no momento de asistencia á quenda para a que se presenta a solicitude. Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 14 a 17 anos e de 18 a 30 anos.

 

As actividades comezarán a partir do 3 de novembro.

 

Ofértanse 900 prazas nos 8 programas que conforman a actividade, cun máximo de 20 prazas en cada unha das opcións e fins de semana.

 

MOI IMPORTANTE: O prazo de inscrición comezará o día 27 de outubro ás 10.00 horas e será mediante formulario en liña. No formulario só se poderá elixir unha quenda. As prazas asignaranse por estrita orde de chegada dos formularios.

 

Guía para o desenvolvemento do Plan de Benestar Emocional

 Guía para o desenvolvemento do Plan de Benestar Emocional

A Guía para o Desenvolvemento do Plan de Benestar Emocional será un recurso ao dispor do centro educativo e dirixida a toda a comunidade educativa. As actuacións poderaas levar a cabo o profesorado ou o profesorado titor, en colaboración co Departamento de Orientación.
 

 

 

 Guía para o desenvolvemento do Plan de Benestar Emocional

 

 

 

NOVA EDICIÓN CURSO GRATUITO CAPACITACIÓN DIXITAL NO @Iesbarbon - DATAS: 17 ao 31 de OUTUBRO

Nova edición Curso Capacitación Dixital no IES García Barbón

 

No IES García Barbón vaise a impartir unha nova edición do curso formativo gratuito, sobre Competencias dixitais básicas, destinado a persoas sen formación dixital previa, e que non estén a cursar ensinanzas regradas neste curso académico 23/24. Este curso da continuidade a primeira edición que tivo moi boa acollida e na que as persoas están adquirindo habilidades co manexo do ordenador e o móbil como é enviar un correo electrónico, pedir unha cita na páxina do Sergas, ler un xornal dixital...

O curso terá unha duración de 30 horas lectivas, que se levarán a cabo nas datas comprendidas entre o 17 e o 30 de outubro, en sesións diarias de 16:00-19:00 horas, nas instalacións do centro.

Todas as persoas interesadas en realizar dita formación deberán pasar polo centro a cubrir o formulario de matrícula.

Para máis información presencialmente no centro en horario de 9:00-14:00, ou ben no teléfono 988685085.

Este curso é financiado pola Unión Europea con Fondos NextGenerationEU, e o Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia do Ministerior de Educación y Formación Profesional y la Xunta de Galicia.

LINGUA DE SIGNOS - BIBLIOTECA IES GARCÍA BARBÓN - MÉRCORES DE OUTUBRO

Na biblioteca do @iesbarbon temos durante os mércores do mes de Outubro gracias a nosa compañeira Carolina (Sorriso) :

LINGUA DE SIGNOS

Todos sodes benvidos!!

@biblioteca.barbon.verin @EDLG. garciabarbon

#EUESTUDONOBARBON

 

TERRORÍFICOS RELATOS

     

Distribuir contido