Eleccións ao Consello Escolar 2024
De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN de 10 de septiembre de 2024, de la Dirección General de Ordenación e Innovación Educativa, por la que se establece el calendario para la celebración de elecciones de miembros de los consejos escolares de centros docentes sostenidos con fondos públicos (DOG do 18 de setembro), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de toda a comunidade educativa.
A composición do Consello Escolar do IES García Barbón é como segue:
- Presidenta: Directora
- Xefa de Estudos de Diurno
- Xefe de Estudos de Adultos
- 1 Representante do Concello
- 1 Representante dos Empresarios (con voz pero sen voto)
- Secretaria (con voz, pero sen voto)
- 7 Representantes do Profesorado
- 3 Representantes de Pais/Nais
- 4 Representantes do Alumnado
- 1 Representante do Persoal de Administración e Servizos
Nas presentes eleccións cómpre renovar aos seguintes membros por sectores:
- 5 Representantes do Profesorado
- 4 Representantes do Alumnado
- 3 Representantes de Pais-Nais
Toda a información relativa ó proceso electoral atoparase no taboleiro do vestíbulo.