Saltar navegación.
Inicio

Presentación familias Curso 2024/2025

Convocatoria eleccións representantes Consello Escolar

De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sosƟdos con fondos públicos (DOG do 18 de setembro), a Xunta Electoral deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, nos seguintes sectores:

  • Sector de pais, nais e titoras legais
  • Sector do alumnado
  • Sector do profesorado

Poderanse presentar candidaturas a partid do día 28 de outubro de 2024 ata as 14 horas do día 7 de novembro. O sorteo dos membros das mesas electorais realizarease o 12 de novembro ás 11:20 na biblioteca e a campaña electoral realizarase entre o 15 e o 20 de novembro, sendo as votación o día 22 de novembro:

  • Sector de pais, nais e titoras legais -  De 12 a 13h
  • Sector do alumnado - De 9:40 a 11:20
  • Sector do profesorado - Ás 11:20

Podedes ver toda a información nos documentos adxuntos.

Eleccións ao Consello Escolar 2024

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN de 10 de septiembre de 2024, de la Dirección General de Ordenación e Innovación Educativa, por la que se establece el calendario para la celebración de elecciones de miembros de los consejos escolares de centros docentes sostenidos con fondos públicos (DOG do 18 de setembro), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de toda a comunidade educativa.

A composición do Consello Escolar do IES García Barbón é como segue:

  • Presidenta: Directora
  • Xefa de Estudos de Diurno
  • Xefe de Estudos de Adultos
  • 1 Representante do Concello
  • 1 Representante dos Empresarios (con voz pero sen voto)
  • Secretaria (con voz, pero sen voto)
  • 7 Representantes do Profesorado
  • 3 Representantes de Pais/Nais
  • 4 Representantes do Alumnado
  • 1 Representante do Persoal de Administración e Servizos

Nas presentes eleccións cómpre renovar aos seguintes membros por sectores:

  • 5 Representantes do Profesorado
  • 4 Representantes do Alumnado
  • 3 Representantes de Pais-Nais

Toda a información relativa ó proceso electoral atoparase no taboleiro do vestíbulo.

Acreditación de competencias no IES García Barbón

 Facilitamos información que pode ser de interese para todas aquelas persoas que teñan experiencia laboral pero non teñan ningunha titulación...
 
¡Podes acreditar a túa experiencia profesional ou a formación non formal e acadar algún Certificado de Profesionalidade co que mellorar a empregabilidade!
 
Procedemento aberto todo o ano e totalmente GRATUITO
 
Xa non hai que pagar ningunha taxa para acreditarse e ademais tramitamos a solicitude de balde de forma presencial ou  telemática para evitar perdas de tempos e desprazamentos innecesarios.
 
Podedes obter mais información a través do enlace seguinte:

Libros de texto Curso 2024/2025

Documento que recolle os diferentes libros de texto empregados nas diferentes materias durante o curso 2024/2025.

 

Presentación curso 2024/2025

Presentacións do curso (Salón de actos):

11 de setembro de 2024

 

        • 10:00 Ciclos medios e superior
        • 11:00 Bacharelato
        • 12:00 ESA
        • 12:30 Ciclos Básicos

 

Matrícula de alumnado de Bacharelato e 2º curso de ciclos

O período de matrícula para o Bacharelato é do 24 de xuño ao 8 de xullo.

O período de matrícula para alumnado de 2º Ciclo Básico, 2º Ciclo Medio e 2º Ciclo Superior é do 24 de xuño ao 4 de xullo ás 13 horas. O alumnado dos 2º ciclos de Dual Intensiva a matrícula será en setembro.

O alumando que se incorpora a facer un ciclo en 1º ou repite é necesario que faga a solicitude en Ciclos admisión.

Para a matrícula é necesario recoller o sobre no centro e traer a seguinte documentación:

  • Fotografía tamaño carnet
  • Fotocopia do DNI, fotocopia dos DNI da nai e do pai se a alumna ou alumno é menor de idade.
  • Comprobante de pago do Seguro Escolar para menores de 28 anos. Necesario ingresar ou facer transferencia na seguinte conta:
    • Titular conta/beneficiario: IES García Barbón
    • Entidade financieira: Sabadell
    • Nº de conta: ES23 0081 2224 9800 0109 9619
    • Cantidade a ingresar: 1,12€
    • Concepto: Nome completo da/o alumna/o e estudos que cursa.

 

Prazos de admisión na Formación Profesional e oferta formativa 2024-2025

 

Admisión a formación profesional 2024-2025

              Oferta ordinaria e oferta modular

Presentación de solicitudes: 24 de xuño ás 9:00 horas ao 4 de xullo ás 13:00 horas

 

                  Dual intensiva

Presentación de solicitudes: 24 de xuño ás 9:00 horas ao 4 de xullo ás 13:00 horas

 

     Formación Profesional Básica 

Presentación de solicitudes: 24 de xuño ás 9:00 horas ao 4 de xullo ás 13:00 horas

 

Instrucións xerais do proceso de admisión

Calendario do proceso de admisión

 

 

 Oferta de estudos de Formación Profesional  en Galicia 2024-2025

 



Oferta formativa IES García Barbón 2024-2025

 
Distribuir contido