Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Taboleiro de novas

O podcast do IES Plurilingüe Fontexería, "Confinamento nas ondas: especial Carvalho Calero", acada un dos premios do II Concurso de Podcasts Radio na Biblio.

O podcast presentado polo IES Plurilingüe Fontexería na categoría de ESO, Confinamento nas ondas: especial Carvalho Calero, acada un dos<

Dúas alumnas de 4º ESO fan unha reportaxe para a Voz de Galicia sobre a actividade pesqueira na vila de Muros.

As dúas alumnas, Iria Zubiela Núñez e Laura González Trillo, agora cursando 1º de Bacharelato no noso centro, coordinadas polo seu profesor de Economía Fernando Pérez Torres, fixeron a reportaxe pouco antes do confinamento no que investigaron o mercado do peixe na comarca muradana. Para iso fixeron varias entrevistas aos protagonistas dese mercado (mariñeiros, patróns, traballadores da lonxa, poxadores, etc). A reportaxe foi publicada en La Voz de Galicia o día 21 de outubro.

Volta segura ás aulas.

Enlace á páxina da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia para unha volta segura ás aulas:

Volvamos á Escola con Sentidiño.

Adiamento do inicio do curso 2020-2021 aos días 23, 24 e 25 de setembro.

Anunciouno o venres o conselleiro, Román Rodríguez, logo de reunirse coa Xunta Autonómica de Directores e os xefes da Inspección educativa nas catro provincias. Enlace á páxina da Consellería.

 

MATRÍCULA SETEMBRO 2020

O prazo de matrícula de setembro para ESO e Bacharelato para o curso 2020-2021 será en día único o venres 4 de setembro de 8:30 a 13:00 horas. O prazo de matrícula para o módulo 3 de Adultos (ESA 3, 1º Cuadrimestre) será do venres 4 ao martes 8 de setembro, ambos incluídos, na secretaría do centro.

 

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR BECAS OU AXUDAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL.

Xa está aberto o prazo para solicitar becas e axudas do MEC desde o 9 de agosto hasta o 1 de outubro. Neste enlace podedes acceder á web do Ministerio de Educación e Formación Profesional e informarvos para solicitar becas ou axudas a educación.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO NO MES DE AGOSTO.

O horario de atención ao público no mes de agosto será pola mañá de luns a venres de 09:30 a 13:00 horas.

Tamén nos teléfonos 881867110 e 656851961 e no correo electrónico do centro ies.fontexeria@edu.xunta.gal

 

Novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior. Convocatoria 2020.

Publicada a Resolución do 24 de maio de 2020 pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo. A resolución establece novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior.

Radio Fontexería: Confinamento nas Ondas

O alumnado de 1º ESO B1, baixo coordinación da docente de Lingua Galega Olalla Liñares, está desenvolvendo neste 3º trimestre un proxecto de radio. A través dun podcast que se pode escoitar aquí, cada semana elaboran un programa de radio baixo o nome Confinamento nas Ondas. O espazo inclúe contidos diversos: noticias, crónicas, entrevistas, narracións, poesía, regueifas, música, receitas de cociña, anuncios... Animámosvos a que escoitedes o programa.   

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS DA UDC: xoves 23 e venres 24 de abril

 

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut