Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Taboleiro de novas

Presentación para exposición nas VIII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia

Presentación para expoñer nas VIII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia

Proxecto do IES Plurilingüe Fontexería de Muros; CEIP Felipe de Castro de Noia; e CEIP Pepe de Xan Baña de Santa Comba

co nome de "Atrevéndonos a Valorar O Valioso".

Para ver o programa das Xornadas

Pablo Monteagudo Lago, Premio Extraordinario de Bacharelato 2016-2017

Pablo Monteagudo Lago, alumno do IES Plurilingüe Fontexería, obtivo un dos Premios Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2016-2017.

Pudo optar a ditos premios xa que tivo unha media  de 10 nos dous cursos de Bacharelato.

A proba estivo estruturada en dúas partes: unha baseada nun comentario crítico dun texto de carácter histórico e unha análise dun texto en inglés, e unha segunda parte cun exame de matemáticas.

Recoñecemento da USC aos mellores resultados na parte obrigatoria da ABAU

Tamara Castro e Pablo Monteagudo no acto de recoñecemento

O IES Plurilingüe Fontexería gaña o III Premio Concepción Arenal

O IES Plurilingüe Fontexería gaña o III Premio Concepción Arenal 2016 a proxectos educativos pola igualdade de xénero, na modalidade de educación secundaria, convocado pola Deputación da Coruña.

O Proxecto presentado polo noso centro "Nós Tamén Navegar" promoverá actividades co alumnado de 1º Bacharelato encamiñadas a desenvolver a autonomía das alumnas e a achegar modelos masculinos igualitarios aos alumnos.

Primeiro Premio Extraordinario da ESO para un alumno do IES Plurilingüe Fontexería

Premio Extraordinario ESOPablo Monteagudo Lago, alumno do IES Plurilingüe Fontexería recibiu a cualificación máis alta de Galicia na proba dos Premios Extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2014/2015.

Puido optar a ditos premios xa que tivo unha media das cualificacións dos catro cursos da ESO de 9,93.

A proba estivo estruturada en dúas partes: unha relacionada coas linguas e outra parte con  xeografía e historia, matemáticas e unha materia optativa que no seu caso foi física e química, materia na que recibiu tamén a cualificación  máis alta.

O premio está dotado cunha contía de 750 euros, unha distinción no seu expediente académico e un diploma acreditativo que lle será entregado proximamente. Terá a posibilidade de concorrer aos premios nacionais da ESO.

Parabéns!

Concurso “Jóvenes Talentos de Relato Corto”

A alumna de 2º ESO a, Noemí Gutiérrez Ferrer, obtivo o 5º posto provincial na 54ª edición do Concurso “Jóvenes Talentos de Relato Corto” polo seu relato "La Lección".

A entrega de premios tivo lugar o pasado venres 23 de maio na Illa de San Simón.

Desde aquí felicitamos á nosa alumna e animámola a que continúa coa súa prometedora carreira no mundo das letras.

¡NORABOA NOEMÍ!

Ler "La Lección"

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut