Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Dinamización Lingüística

#OTaboleiroXuño

Pois chega o taboleiro que pecha este curso 23-24. Actualizaremos contidos ata que remate o mes. Daquelas diremos boas v....s!

https://padlet.com/edlgmf23/ve-a-que-logo-chegan-9jto88agq4ug7p9p

Calendario Xuño

 

Recta final deste curso 23-24. As variadas actividades de maio, con Luísa Villalta e as Letras Galegas, teatro, embarcacións, visita a Celanova e viaxe a Italia son as imaxes para este mes de xuño.

Visita a Celanova

 

Entrega agasallos carteis Luísa Villalta

Pois xa temos gañadoras do concurso de carteis ao redor da figura de Luísa Vilalta. Logo da votación por parte do persoal do Centro, o cartel número 3 fois o máis valorado. Parabéns a Ainara Martínez León e a Tatiana Couto Fernández, de 2º ESO polo premio. E grazas tamén ao alumnado que participou!

Actividades na Semana das Letras Galegas: Charla e Teatro na Casa da Cultura

                                                           

Letras Galegas no Fontexería

 

 

Alumnado de Plástica, Galego 4º da ESO  e FP Básica traballou para conmemorar este Día das Letras Galegas adicado a Luísa Villalta. Na biblioteca proxectamos un video das persoas que teñen sido homenaxeadas nesta data

Calendario Maio

As imaxes deste mes das Letras Galegas mesturan viaxes: París, Padrón, Santiago e visitas máis locais. Todo colle nas actividades do Fontexería!

#OTaboleiroMaio

Pois chega o taboleiro virtual para este mes das Letras Galegas. Coma sempre, actualizaremos novas ao longo destas semanas. E ánimo, que xa queda menos!

https://padlet.com/edlgmf23/otaboleiromaio-lmv5s7d2ypm5va9j

Día do Libro 24

 

Dende o equipo da biblioteca celebramos  o Día do Libro cunha visita ao Centro de Día de Muros, onde alumnas e profesoras do Fontexería leron para as persoas que alí se atopaban. As persoas maiores fixéronnos entrega dun agasallo para a biblioteca do Instituto.

Esta foi, sen dúbida, a actividade máis emocionante de todas as realizadas dende a biblioteca neste curso. 

Encontro literario con Concha Blanco

 

 

 

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut