Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Economía

Información do Departamento de Economía

Aquí podedes consultar información relevante do Departamento de Economía:

Integrantes

Consumópolis

Os alumnos de 3º ESO, 4º ESO e FP básica participan no concurso consumópolis sobre consumo responsable e realizan un vídeo musical sobre o aforro de enerxía

Play pensión (simulador sobre educación financeira)

O 30 de Novembro de 2023, os alumnos de 4º ESO, 1º Bach e 2º de bach, matriculados nas materias de economía, participaron no xogo de simulación Play pension, da fundación mapfre, sobre educación financeira

Charlas sobre consumo responsable

Os alumnos de 1º de bacharelato de economía, (24-11-23) participan nun debate con emprendedores da zona sobre consumo responsable e emprendemento sostible

Visita ao espazo "A Maceta"

 

O alumnado de Economía de 1º Bacharelato do IES Plurilingüe Fontexería, acompañados do seu profesor Fernando Pérez, visitou o pasado xoves 9 de novembro o Espazo #AMaceta, en Muros. Alba Fernández Arias, fundadora da iniciativa, explicou a súa experiencia vital, que a levou a abandonar a City londinense para voltar ás súas raíces muradás.

Premendo na ligazón atoparedes unha pequena peza audiovisual que resume a interesante actividade.

Dous equipos se clasifican para a segunda fase do consumópolis

Dous equipos de 4º da ESO superaron todas as probas sobre o consumo responsable e deberán elaborar un vídeo sobre os perigos de internet.

Os grupos son:

Ninis:: Xiana e Isona Torres, Zacarías Brea, Sergio Santos, Claudia Siaba

Kus kus clan:  Antia Neira Baúlo, Laura Caamaño Martínez, Marcos Lijó Louro, Alexandre Rego Gallardo, Adrián Sestayo Sestayo

 

Participación en Consumópolis

O IES participa no concurso consumópolis para fomentar o consumo responsable

Visita a Casa Grande Xanceda e Cidade da Cultura

O 22 de Marzo de 2022 o departamento de economía organiza unha visita a casa grande de xanceda e á cidade da cultura cos alumnos de 2º de bacharelato.

Na visita á granxa, pasearon polas súas instalacións explicáronlle o proceso productivo e a responsabilidade social da granxa ecolóxica.

Charla de Xaquín Maceiras sobre "Produción musical e creación de novos xéneros urbanos"

Xaquín Martínez Maceiras, exalumno do instituto, impartiu unha charla o mércores 28 de abril sobre a produción musical e creación de novos xéneros urbanos no que se incluiu un exemplo práctico de creación dunha canción no que participaron activamente os alumnos de 1º de bacharelato

Clasificados para a final nacional do concurso "Young Business Talents"

Un grupo de alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato do noso centro, formado por María Caamaño, Lucía Senande, Fabio Olveira e Lucía Fernández, acadou a clasificación para a final nacional do concurso "Young Business Talents". Esta clasificación acadouse despois de competir con outros centros de toda España, e consiste na xestión virtual dunha empresa.

A final será no mes de maio en Madrid, se a situación sanitaria o permite.

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut