Dúas alumnas de 4º ESO fan unha reportaxe para a Voz de Galicia sobre a actividade pesqueira na vila de Muros.
As dúas alumnas, Iria Zubiela Núñez e Laura González Trillo, agora cursando 1º de Bacharelato no noso centro, coordinadas polo seu profesor de Economía Fernando Pérez Torres, fixeron a reportaxe pouco antes do confinamento no que investigaron o mercado do peixe na comarca muradana. Para iso fixeron varias entrevistas aos protagonistas dese mercado (mariñeiros, patróns, traballadores da lonxa, poxadores, etc). A reportaxe foi publicada en La Voz de Galicia o día 21 de outubro. Se queredes ler a reportaxe completa e ver o vídeo da entrevista podedes facelo seguindo o enlace https://www.prensaescuela.es/periodismo-escuela/a-lonxa-de-muros-pescado-e-solidariedade.
No mesmo enlace podedes votar pola súa reportaxe.