Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

O podcast do IES Plurilingüe Fontexería, "Confinamento nas ondas: especial Carvalho Calero", acada un dos premios do II Concurso de Podcasts Radio na Biblio.

O podcast presentado polo IES Plurilingüe Fontexería na categoría de ESO, Confinamento nas ondas: especial Carvalho Calero, acada un dos premios do II Concurso de Podcasts Radio na Biblio, convocado en colaboración coa Radio Galega: un pequeno monográfico dedicado á poesía de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2020. Participan neste programa as alumnas Laura Caamaño e Daniela Sande, actualmente en 2º ESO B. Coordinación e edición: Olalla Liñares (docente de Lingua Galega e Literatura).

Os traballos debían xirar arredor do homenaxeado co Día das Letras Galegas, Ricardo Carvalho Calero, o patrimonio lingüístico galego ou a lectura de poesía e teatro en lingua galega. Os centros gañadores nas distintas modalidades recibirán cada un unha asignación extraordinaria de 1.000€ para melloras no laboratorio de radio ou para actividades relacionadas co funcionamento do mesmo, sempre vinculado á biblioteca do centro.

Os podcasts premiados serán difundidos pola Radio Galega a partir da primeira fin de semana de novembro a través da súa páxina e a través dos medios web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (web de Bibliotecas Escolares de Galicia e outros).

Ademais, o alumnado implicado nos traballos seleccionados poderán visitar as instalacións da Radio Galega en Santiago de Compostela, tras o acordo previo con esta entidade, e sempre que a situación sanitaria o permita. Da mesma forma, a Radio Galega poderá realizar entrevistas a algúns dos grupos responsables dos traballos seleccionados.



Iniciar sesión: Acceso
story | by Dr. Radut