Novas de Xefatura de EstudosTaboleiro de Xefatura de EstudiosEnviado por lcc o Mér, 20/05/2009 - 14:41
Este e o taboleiro web no que Xefatura de Estudios (de Ordinario e de Adultos) publicarán os avisos e as novas de interese xeral. En caso de dúbida contacte persoalmente con Xefatura de Estudios. ( categories: )
30 de abril - DIA NON LECTIVOEnviado por prof_mvr o Xov, 26/04/2018 - 07:20
Recordamos que o vindeiro luns 30 de abril é DIA NON LECTIVO. Segundo foi elixido polo Consello Escolar do centro. ( categories: )
XXVI Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional do Concello da CoruñaEnviado por prof_mvr o Lun, 12/03/2018 - 03:55
Estas xornadas ofrecen a oportunidade de coñecer os estudos universitarios do SUG (Sistema universitario de Galicia), os ciclos formativos medios e superiores de FP, ensinanzas artísticas que se imparten na cidade da Coruña, e os estudos superiores artísticos de Galicia.
Cando:
- do 9 ao 13 de abril de 2018: ENSINANZAS UNIVERSITARIAS: unha semana de mesas informativas sobre os graos universitarios do SUG. Conta cun punto informativo, xestionado polo Centro Municipal de Información Xuvenil e o SAPE, onde asesorarse sobre aspectos de interese para as/os estudantes, de cara á toma de decisións académicas. Lugar: Centro Universitario de Riazor (CUR).
- do 16 ao 19 de abril de 2018: ENSINANZAS PROFESIONAIS E ARTÍSTICAS SUPERIORES: · unha semana de visitas aos distintos centros onde se imparten os ciclos formativos medios e superiores, para coñecer máis de cerca estes estudos, · e unha mesa informativa dedicada aos estudos superiores artísticos de Galicia (Deseños, Conservación e Restauración de Bens Culturais, Arte Dramática), na EASD Pablo Picasso o martes 17 de abril.
Requisitos: · Alumnado de ESO, FP e Bacharelato (o alumnado ten que presentar a credencial correspondente ao inicio das visitas.Esta credencial solicitarase no centro antes do día 13 de marzo.
Máis información: www.edu.coruna ou no Departamento de Orientación do centro. ( categories: )
FORMACIÓN DE ALUMNADO MEDIADOREnviado por prof_mvr o Lun, 05/03/2018 - 04:19
No presente curso continuamos co proxecto de Mediación entre iguais coa finalidade de mellorar a convivencia no centro e favorecer a resolución de conflitos mediante o diálogo. Para lograr este obxectivo é moi importante a colaboración do alumnado mediador que recibiu unha formación específica para poder axudar aos seus compañeiros/as nos problemas que poidan xurdir. Moitas grazas á asociación ADAFAD e en especial a Cristina, encargada de impartir estes talleres de formación. ( categories: )
XORNADA RECEPCIÓN PAIS/NAIS FUTURO ALUMNADOEnviado por prof_mvr o Xov, 15/02/2018 - 04:32
O vindeiro 6 de marzo as 19:30 na Sala de Usos Múltiples terá lugar unha reunión informativa e presentación das instalacións aos interesados en matricularse en ESO e Bacharelato para o curso 18-19
( categories: )
COMEZO CLASES ENSINANZA SECUNDARIA ADULTOSEnviado por prof_mvr o Xov, 08/02/2018 - 09:24
Hoxe as 18:00 darán comezo as clases correspondentes ao NIVEL III - Módulos IV - Segundo cuatrimestre da ensinanza secundaria para persoas adultas. ( categories: )
Proba de idioma alumnos Erasmus+Enviado por lcc o Ven, 01/12/2017 - 05:16
A proba de idiomas para os alumnos que presentaron a solicitude de inscripción para as mobilidades Erasmus+ marzo/xuño 2018 realizaranse o día 20/12/2017 as 12:30h. ( categories: )
Actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week. Alumnado de 4º de ESOEnviado por prof_mvr o Xov, 23/11/2017 - 06:27
Chegada dos alumnos de 4º da ESO para participar nas actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week. ( categories: )
CALENDARIO CURSO 17-18 e PREVISIÓN AVALIACIÓNSEnviado por prof_mvr o Mér, 25/10/2017 - 02:41
Pulse no ENLACE para consultar o calendario para o presente curso 17-18 e as datas previstas para as avaliacións. ( categories: )
LISTAXES DEFINITIVAS DE FONDO DE LIBROS Curso 17-18Enviado por prof_mvr o Ven, 15/09/2017 - 14:14
Publicación das listaxes provisionais do Fondo solidario de libros de texto
( categories: )
|
Iniciar sesión: Acceso
Buscar |