Novas de Xefatura de Estudos

COMEZO CURSO 17-18. DATAS E HORAS DAS PRESENTACIÓNS

Enviado por prof_mvr o Lun, 11/09/2017 - 05:02

Nos seguintes adxuntos pódense consultar as datas e horas para as presentacións do alumnado para o curso 17-18

EXAMES E AVALIACIÓNS SETEMBRO 2017. DATAS E HORARIOS

Enviado por prof_mvr o Ven, 28/07/2017 - 03:34

No seguinte ENLACE pódense consultar as data e horas dos exames de setembro, Avaliacións e entrega de Cualificacións.

LISTAXES PROVISIONAIS DE FONDO DE LIBROS E AXUDAS Curso 17-18

Enviado por prof_mvr o Xov, 20/07/2017 - 07:54

Publicación das listaxes provisionais do Fondo solidario de libros de texto,  Axudas para a adquisición de libros de texto e Axudas para a adquisición de material escolar.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS

LISTAXE PROVISIONAL DE EXCLUIDOS

 

Contra estas listaxes pódese presentar reclamación na secretaría do centro ata o 31 de xullo de 2017.

 

HORARIOS CICLOS FORMATIVOS ADULTOS PRESENCIAL E DISTANCIA 17-18

Enviado por prof_mvr o Lun, 17/07/2017 - 15:15

Nos seguintes adxuntos poden consultarse os horarios para o curso 17-18 dos ciclos formativos de adultos nos réximes presencial e a distancia.

DATAS E HORAS ENTREGA CUALIFICACIÓNS XUÑO 2017.

Enviado por prof_mvr o Ven, 16/06/2017 - 05:12

Neste ENLACE pódense consultar as datas e horas de entrega de cualifiación do final de curso 16-17 convocatoria de xuño

PROBAS LIBRES 2017. CONVOCATORIA XORNADA DE ACOLLEMENTO E CALENDARIOS EXAMES

Enviado por prof_mvr o Mér, 31/05/2017 - 06:34

CONVOCADAS POR 

 

ORDE do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do15/03/2013)

 

 

A XORNADA DE ACOLLEMENTO TERÁ LUGAR O XOVES 1 DE XUÑO AS 19:30 NA SALA DE USOS MÚLTIPLES. Tal e como recolle o artigo 22.2. (ASISTENCIA OBRIGATORIA)

Segundo a  Disposición adicional segunda. Baixas de oficio

1. Os centros realizarán a baixa de oficio da matrícula da proba cando unha persoa matriculada non asista inxustificadamente á xornada de acollemento a que se refire o artigo 22.2 ou a calquera das partes en que se organiza a proba de cada módulo profesional.

 

Nos seguintes adxuntos pódense consultar os CALENDARIOS para ditas probas nos Ciclos de:

 

Administración e Finanzas

Xestión Administrativa

Desenvolvemento de Aplicacións Web

MEDIACIÓN ESCOLAR

Enviado por prof_mvr o Mar, 09/05/2017 - 07:31

Consulta neste DOCUMENTO todo o relativo ao equpo de mediación escolar do centro.

 

DATAS E HORAS DOS EXAMES DE PENDENTES A REALIZAR NO MES DE MAIO 2017

Enviado por prof_mvr o Mér, 29/03/2017 - 06:37

No anexo figura o CALENDARIO DE EXAMES E SESIÓN DE AVALIACIÓN EXTRAORDINARIOS CORRESPONDENTES A MATERIAS/ASIGNATURAS/MÓDULOS PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES

BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA V

Enviado por prof_mvr o Mar, 14/02/2017 - 12:00

Dez titulados e tituladas en ciclos superiores de Formación Profesional que terminaron os seus estudos durante o último curso poderán facer as súas prácticas formativas a partir de abril en diversos países europeos grazas ao programa educativo municipal Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa V.

As dez persoas foron seleccionadas entre as cerca de 40 candidatas presentadas, nun proceso no que participaron ademais do Servizo Municipal de Educación e a Deputación Provincial a Coruña os centros que son socios do proxecto: CIFP Anxel Casal, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Fernando Wirtz, IES A Sardiñeira, IES Urbano Lugrís, IES Eusebio da Guarda e IES Imaxe e Son.

Na selección das persoas participantes tiveronse en conta aspectos como a nota medio do ciclo, os coñecementos de idiomas extranxeiros e a valoración dos propios centros, como elementos fundamentais.

As prácticas desenvolveranse desde o 21 de abril ata o 19 de xuño en Florencia (Italia), Lisboa (Portugal), Belfast (Reino Unido) e Cork (Irlanda). O Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE), xunto co Concello da Coruña e a Deputación da Coruña, asumen o financiamento do programa, de tal xeito que os bolseiros teñen cubertos os gastos da viaxe, o aloxamento nos países de destino, un seguro de responsabilidade e sanitario, e reciben ademáis unha axuda económica para a manutención e estadía.

O Concello encargase tamén da búsqueda das empresas donde farán as prácticas, onde terán un titor para o seguemento da súa formación.

As persoas seleccionadas finalmente están tituladas en Guía, Información e Asistencia Turística, Agencia de Viaxes e Xestión de Eventos (2), Audioloxía Protésica, Producción de Audiovisuales e Espectáculos, Laboratorio de Diagnóstico Clínico, Comercio Internacional (2) e Dirección en Servicios de Restauración (2). Os centros de procedencia son Eusebio da Guarda, Anxel Casal, Ramón Menéndez Pidal, Imaxe e Son e Paseo das Pontes.

O programa Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa V ten un coste aproximado de 51.000 euros, dos que 10.500 son aportados polo SEPIE, mentras que a Deputación da Coruña aportará outros 15.000, asumindo o Concello da Coruña a aportación dos 25.000 euros restantes. O proxecto conta tamén coa colaboración das asociacións de xoves empresarios Ascega e AJE Marineda. 

Por outra parte, nas próximas semanas comezará tamén o proceso para a selección dos 50 estudantes de ciclos medios de Formación Profesional que poderán participar no programa Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa VI. Este programa estará dividido en dúas convocatorias de 25 prazas cada unha. A primeira poderán optar os/as titulados/as en ciclos medios en decembro de 2016 e os/as titulados/as en ciclos medios en xuño de 2017, con prácticas que se desenvolverán durante tres meses, de setembro a decembro de 2017. Os países de destino serán Irlanda, Austria, Francia, Portugal e Italia.

As bolsas inclúen os gastos da viaxe, o aloxamento, un seguro de responsabilidade e sanitario, a búsqueda da empresa e unha axuda económica para a manutención e estadía.

A este programa poderán optar as persoas que terminen os seus estudos nos seguintes centros: CIFP Anxel Casal, CIPF Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Fernando Wirtz, IES A Sardiñeira, IES Urbano Lugrís, IES Calvo Sotelo, Liceo la Paz, Centro de Formación da Cruz Vermella e Grande Obra de Atocha.

 

Os e as interesadas poderán obter máis información nos respectivos centros educativos ou no Servizo Municipal de Educación, nos teléfonos 981 184200, extensións 12114 e 12038, ademais da web educativa municipal (www.edu.coruna.es).

Distribuir contido