Matemáticas, Hipatia, ExposiciónsEsta é a sección de MatemáticasEnviado por Anónimo o Mar, 21/04/2009 - 13:29
Eiquí atoparás as novas relacionadas co Departamento de Matemáticas. Tamén poderás encontrar todos os números de HIPATIA, o Boletín de divulgación matemática do IES “Fernando Wirtz” de A Coruña ( categories: )
Hipatia 15. Publicado o último numero da revista.Enviado por prof_pmxe o Mar, 21/01/2014 - 16:06
No seguinte anexo está o número 15 de Hipatia Traballo "¿El uso de auriculares provoca la disminución de la capacidad auditiva?"Enviado por prof_pmxe o Mér, 06/11/2013 - 10:39
Durante o curso 2011-2012 os alumnos de 4ºESO-A Leticia Moledo Quintáns, Inés Noche Neira, Iván Enríquez Fontenla e Juan Juncal Varela elaboraron o seguinte traballo, que presentaron ao II Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos. No seguinte anexo pódese consultar o traballo. ( categories: )
Datos sobre a materia de Métodos Estatísticos e Numéricos en GaliciaEnviado por prof_pmxe o Ven, 11/10/2013 - 14:37
Datos facilitados polo Departamento de Informática da Consellería de Educación a través da Secretaría Xeral Técnica ( categories: )
Mención Especial no II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para un grupo de alumnos do InstitutoEnviado por prof_pmxe o Dom, 15/07/2012 - 11:34
Ademais do premio, en Galicia e na Fase Nacional, obtido por un grupo de alumnos de Bacharelato do Instituto, o grupo de alumnos de 4º da ESO formado por Alfonso Enríquez, Diego J. Gutiérrez, Alejandro Juárez e Susana Paz, titorizado polo profesor de Matemáticas Xosé Enrique Pujales Martínez, obtivo unha Mención Especial para os traballos presentados na categoría de 3º e 4º da ESO: http://www.sgapeio.es/index.php?option=com_content&view=article&id=451:resolucion-do-ii-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos&catid=44:novas&Itemid=87 O traballo, titulado "Afecta a lúa ao crecemento das plantas?", pódese ver no seguinte anexo. ( categories: )
Alumnos de Bacharelato do IES Fernando Wirtz gañan a Fase Nacional do II Concurso Incubadora de Sondaxes e ExperimentosEnviado por prof_pmxe o Sáb, 14/07/2012 - 11:35
O equipo de alumnos formado por Marta Barandela, Mateo Fernández, Laura García e Sabela Rey, e titorizados polo profesor de Matemáticas Xosé Enrique Pujales Martínez, despois de resultar vencedor en Galicia, na categoría de Bacharelato, no II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, polo seu traballo "Existe o cine de autor?", foi representar a Galicia os días 4 e 5 de xullo de 2012 na Fase Nacional, onde tamén resultou gañador: http://www.sgapeio.es/index.php?option=com_content&view=article&id=460:ii-fase-nacional-do-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos-&catid=44:novas&Itemid=87 No seguinte enlace, da Sociedad de Estadística e Investigación Operativa (SEIO), pódese ver o documento no que se falla o premio e tamén as fotos das xornadas: http://www.eio.uva.es/incubadora2012/ A última versión do traballo é a que se pode consultar no anexo seguinte. ( categories: )
Resolución do II Concurso Incubadora de Sondaxes e ExperimentosEnviado por prof_mvr o Lun, 02/07/2012 - 05:46
Gañador na categoría de: Bacharelato e ciclos formativos de grao medio: - Título: Existe o cine de autor?
- Centro: IES "Fernando Wirtz Suárez" (A Coruña). - Titor: Enrique Pujales Martínez. - Alumnos: Marta Barandela Álvarez, Mateo Fernández Torreiro, Laura García Rueda e Sabela Rey Cao. Mención Especial na categoría de:
3º e 4º da ESO: - Título: Afecta a lúa ao crecemento das plantas?
- Centro:IES "Fernando Wirtz Suárez" (A Coruña). - Titora: Enrique Pujales Martínez. - Alumnos: Susana Paz, Alejandro Juárez, Diego J. Gutiérrez e Alfonso Enriquez. ( categories: )
Cantas estrelas podemos ver, a simple vista, desde a nosa localidade?Enviado por prof_pmxe o Lun, 21/11/2011 - 15:24
Un equipo de 4 alumnos de 2º de Bacharelato gañou o concurso "Incubadora de Sondaxes e experimentos" dentro da categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio, convocado por SGAPEIO durante o curso 2010-11. Durante o Congreso de ENCIGA, celebrado do 17 ao 19 de Novembro de 2011 na Fonsagrada, presentaron unha comunicación ampliando o traballo gañador, e que achegamos como anexo ( categories: )
|
Iniciar sesión: Acceso
Buscar |